Orientacións e recomendacións de uso
Recursos materiais necesarios
Os materiais necesarios para traballar este recurso, son:
- Material de debuxo: escuadra, cartabón e compás; papel vexetal para calcar, e regras, para medir.
- Material para elaborar o produto final: tesoiras, pegamento e pinturas.
- Equipo informático.
Proposta de agrupamentos para actividades grupais
Para a realización das actividades grupais, a proposta é facer grupos con catro ou cinco alumnas e alumnos, nos que cada integrante adquira un rol determinado.
Deste xeito, poderemos levar a cabo distintas técnicas de traballo cooperativo, co fin de que se fomente a empatía, o respecto pola opinión dos demais compañeiros e compañeiras, a toma de decisións e a resolución pacífica de conflitos.
Produtos finais
O produto final é a creación dun bote para os lapis, coas caras laterais pintadas.
O deseño terá unhas características concretas que se especifican na fase 1 e tamén na fase 4.
Para desenvolvelo terán que traballar en equipo para recortar e montar o bote, unha vez pintadas as caras.
Previamente, ao longo do REA, fanse distintas actividades de grupo que dan pistas sobre como ten que ser o deseño, que tamén leva un pequeno estudo xeométrico. No caso de ter algunha dúbida, poden consultarse as solucións destas actividades.
Enfoque multinivel do reto
Ao longo de toda a situación de aprendizaxe inclúese unha serie de tarefas e actividades variadas e adaptadas a diferentes niveis, para que o alumnado poida escoller.
O produto final do reto ten infinitas posibilidades de desenvolvemento. En canto ao deseño do cadro que irá nas caras do bote, non se pon límite inferior nin superior ao nivel de dificultade.
Por outra banda, o bote poder facerse de xeito sinxelo co modelo que está no REA, ou ben deseñando outro novo.
O profesorado proporá a opción mais axeitada ao seu alumnado.