Compras con estrategia
O REA "Compras con estrategia" ten coma finalidade traballar a probabilidade e a estatística básica desde un enfoque competencial tomando como fío condutor o contexto das compras e dos gastos a través dunha enquisa sobre gastos familiares.
O obxectivo principal é que o alumnado aprenda a identificar datos reais e a recoñecer estimacións e probabilidades feitas a partir destes datos.
O feito de incluír nestes contidos o uso das webs do INE e do IGE, permite contextualizar na súa contorna a información, e motivar cara unha aprendizaxe significativa e próxima.
Como xa se indicou no apartado 2, ao referirse ao currículo, non se priman os cálculos, senón as habilidades e as competencias.
Por iso, faise fincapé no uso da estatística para a recompilación de información, e da súa interpretación correcta, aplicada á vida diaria.