Saltar navegación

1. Descrición xeral

Compras con estrategia

O presente recurso desenvolve unha situación de aprendizaxe na que o alumnado coñecerá como analizar os gastos familiares a través dunha sondaxe. Ademais, reflexionará sobre distintas situacións de compra aplicando conceptos estatísticos, a partir dos cales fará propostas para optimizar os gastos. Traballará con datos dos fogares galegos e nacionais obtidos do IGE e do INE, e aprenderá a facer simulacións con experimentos aleatorios.

As metas a acadar son:

  • Utilizar ferramentas estatísticas básicas para analizar datos reais, como prezos de produtos ou gastos diarios, e representalos en gráficos sinxelos.
  • Aplicar a probabilidade mediante a regra de Laplace en situacións cotiás -como sorteos- para medir resultados.
  • Resolver problemas matemáticos seguindo un modelo estruturado: identificar datos, expor hipóteses, realizar cálculos con operacións combinadas e comprobar solucións.
  • Traballar en equipo de forma organizada, comunicando resultados con claridade mediante gráficos e argumentos matemáticos.
  • Conectar as matemáticas con supostos reais, deseñando enquisas, comparando prezos, ou reflexionando sobre a importancia dos datos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)