Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a área de Matemáticas de 6º curso de educación primaria. O seu deseño parte da programación modelo de Proens (versión 2, 01/07/2024), a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta.

A proposta de recursos cREAgal para esta área configura unha secuencia ordenada de nove REA que cobren integramente o currículo da área, establecéndose unha correlación directa coas nove unidades didácticas da programación modelo de Proens.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Los números y nuestra biblioteca" UD1: Os números naturais e a biblioteca CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.9, CA6.4 12% 1º trimestre
REA 2: "Potenciando las diversiones" UD2: As potencias CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA6.6, CA6.7 12% 1º trimestre
REA 3: "Minichefs" UD3: Unha aventura espacial CA1.1, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA4.1, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA6.1, CA6.8 12% 1º trimestre
REA 4: "Viaje de fin de curso" UD4: Os números enteiros CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.9, CA6.4 12% 2º trimestre
REA 5: "Nuestra fiesta de primavera" UD5: Coas mans na masa: elaboramos receitas. CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA1.9, CA4.4, CA4.8, CA6.3, CA6.6 12% 2º trimestre
REA 6: "Diseña tu moda" UD6: Proporcionalidade e porcentaxes CA1.1, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA4.3, CA4.4, CA6.5 10% 2º trimestre
REA 7: "Ruta matemática por Galicia" UD7: Medidas: lonxitude, capacidade, masa e tempo. CA1.2, CA1.4, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA2.8, CA4.2, CA6.2 10% 3º trimestre
REA 8: "Arte-Metría" UD8: O plano e as figuras xeométricas CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6, CA3.7, CA3.8, CA6.3, CA6.7, CA6.8. 10% 3º trimestre
REA 9: "Compras con estrategia" UD9: Estatística CA1.3, CA4.7, CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.1, CA6.6 10% 3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da área "Matemáticas" de 6º curso de educación primaria:

  • Interpretar situacións da vida cotiá proporcionando unha representación matemática destas mediante conceptos, ferramentas e estratexias, para analizar a información máis relevante.
  • Resolver situacións problemáticas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto exposto.
  • Explorar, formular e comprobar conxecturas sinxelas ou formular problemas de tipo matemático en situacións baseadas na vida cotiá, de forma guiada, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación, para contrastar a súa validez, adquirir e integrar novo coñecemento.
  • Utilizar o pensamento computacional, organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, xeneralizando e interpretando, modificando e creando algoritmos de forma guiada, para modelizar e automatizar situacións da vida cotiá.
  • Recoñecer e utilizar conexións entre as diferentes ideas matemáticas, así como identificar as matemáticas noutras áreas ou na vida cotiá, interrelacionando conceptos e procedementos, para interpretar situacións e contextos diversos.
  • Comunicar e representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos e resultados matemáticos, utilizando a linguaxe oral, escrito, gráfico, multimodal e a terminoloxía matemática apropiada, para dar significado e permanencia ás ideas matemáticas.
  • Desenvolver destrezas persoais que axuden a identificar e xestionar emocións ao enfrontarse a retos matemáticos, fomentando a confianza nas propias posibilidades, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ás situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza e gozar na aprendizaxe das matemáticas.
  • Desenvolver destrezas sociais, recoñecendo e respectando as emocións, as experiencias das e dos demais e o valor da diversidade, participando activamente en equipos de traballo heteroxéneos, mixtos e diversos con roles asignados, para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e crear relacións saudables.

Tendo en conta que, o alumnado apenas ten coñecementos previos sobre estatística e probabilidade, faise unha introdución básica, que completa a feita no curso anterior. Non se trata nesta situación de aprendizaxe o histograma, dado que é un gráfico que se emprega para datos agrupados, contido que excede os cursos de primaria.

É importante salientar que a estatística e a probabilidade van moito mais aló dos cálculos. O obxectivo de calquera actividade non debe ser a mera práctica rutineira, senón a comprensión do significado de variable, dato, reconto, organización de datos en táboas e o seu resumo, así como da diferenza entre observación e predición e, polo tanto, entre un dato e un suceso.

Por iso, neste REA, a maior parte das actividades están enfocadas a que o alumnado comprenda, visualice os datos e os analice correctamente.

O Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) que se traballa é o ODS 12 -produción e consumo responsable-.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica modelo de Proens para a área de "Matemáticas" de 6º curso de educación primaria, contextualízase na unidade didáctica 9.

Contidos Bloque da materia

C1.3 - Sentido das operacións

  • C1.3.4 - Resolución de problemas contextualizados con operacións combinadas con atención á súa xerarquía, aplicando as súas propiedades, as estratexias persoais e os procedementos de cálculo mental, estimacións, algoritmos ou calculadora que se precisen segundo a natureza do cálculo.
Bloque 1

C4.2 - Modelo matemático

  • C4.2.1 - Resolución de problemas da vida cotiá seguindo un modelo matemático con debuxos, esquemas, diagramas, manipulables, dramatizacións, guión de preguntas para a interpretación do enunciado, recoñecemento de datos útiles, elaboración e contraste de hipótese, procura do plan de acción, perseveranza na solución, simbolización e realización dos cálculos, comprobación de solucións, expresión clara e correcta do resultado, revisión da súa idoneidade, rectificación se é necesaria e explicación do realizado.
Bloque 4

C5.1 - Organización e análise de datos

  • C5.1.1 - Estratexias para a realización dun estudo estatístico sinxelo: formulación de preguntas, e recollida, rexistro e organización de datos cualitativos e cuantitativos procedentes de diferentes experimentos a través de enquisas, medicións, observacións, de maneira individual ou en equipo, para aplicar en situacións contextualizadas.
  • C5.1.2 - Extracción, interpretación e explicación de información a través da lectura, descrición e análise crítico de gráficos estatísticos con pictogramas, diagramas de barras ou histogramas e de táboas de frecuencias absolutas e relativas; uso desa información na resolución de problemas.
  • C5.1.3 - Formulación en equipo de problemas relacionados co contexto próximo nos que interveña a lectura, a interpretación ou a representación de gráficas e táboas de datos.
  • C5.1.4 - Representación de datos en gráficas sinxelas (diagrama de barras, sectores circulares e poligonais e histograma), con recursos tradicionais e tecnolóxicos, e elección do máis adecuado á situación. (*)
  • C5.1.5 - Interpretación, cálculo e aplicación da media e da moda nun rexistro estatístico ou táboas de datos en contextos cotiáns.
  • C5.1.6 - Cálculo e interpretación de medidas de dispersión (rango) para comprender a variabilidade dos datos nun rexistro estatístico.
  • C5.1.7 - Organización de información estatística sinxela e elaboración de diferentes visualizacións dos datos con uso da calculadora e outros recursos dixitais, como a folla de cálculo.
  • C5.1.8 - Relación e comparación de dous conxuntos de datos a partir da súa representación gráfica: formulación de conxecturas, análises da dispersión, obtención de conclusións e exposición destas.

C5.2 - Incerteza

  • C5.2.1 - Cuantificación e estimación subxectiva e mediante a comprobación da estabilización das frecuencias relativas en experimentos aleatorios repetitivos, previa identificación da incerteza en situacións da vida cotiá.
  • C5.2.2 - Aplicación de técnicas básicas do cálculo para o cálculo de probabilidades en experimentos, comparacións ou investigacións nos que sexa aplicable a regra de Laplace.
  • C5.2.3 - Valoración da contribución de homes e mulleres ao desenvolvemento da probabilidade e da estatística e destas ao desenvolvemento humano.

C5.3 - Inferencia

  • C5.3.1 - Identificación dun conxunto de datos como mostra dun conxunto máis grande e reflexión sobre a poboación á que é posible aplicar as conclusións de investigacións estatísticas sinxelas relacionadas co cotián.
Bloque 5

C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións

  • C6.1.5 - Realización de investigacións matemáticas individuais ou en equipo para fomentar a curiosidade, o interese, a iniciativa na súa aprendizaxe, a organización de ideas, o tratamento da información e a formulación e comprobación de conxecturas.
  • C6.1.8 - Estratexias persoais para a presentación limpa, clara e ordenada do traballo matemático que permita revisar, adaptar ou cambiar o sistema utilizado, rectificar o proceso ou algunha das súas fases e compartir comprensiblemente o realizado.

C6.2 - Traballo en equipo, inclusión, respecto e diversidade

  • C6.2.3 - Estratexias de planificación, control e organización do traballo en equipo para xestionar o tempo, a realización de tarefas, o establecemento de obxectivos de equipo, a repartición equitativa e rotatoria de roles en interacción simultánea, a avaliación do funcionamento do equipo e a xestión de conflitos.
Bloque 6
Respecto do contido C5.1.4 - Representación de datos en gráficas sinxelas (diagrama de barras, sectores circulares e poligonais e histograma)... Indicar que, non se traballan os histogramas por ser unha ferramenta de uso con datos agrupados, contido que é máis axeitado para o currículo de secundaria.

Obxectivos Descrición
OBX1 Interpretar situacións da vida cotiá proporcionando unha representación matemática destas mediante conceptos, ferramentas e estratexias, para analizar a información máis relevante. 
OBX2  Resolver situacións problematizadas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto exposto.
OBX3  Explorar, formular e comprobar conxecturas sinxelas ou formular problemas de tipo matemático en situacións baseadas na vida cotiá, de forma guiada, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación, para contrastar a súa validez, adquirir e integrar novo coñecemento
OBX4 Utilizar o pensamento computacional, organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, xeneralizando e interpretando, modificando e creando algoritmos de forma guiada, para modelizar e automatizar situacións da vida cotiá.
OBX5 Recoñecer e utilizar conexións entre as diferentes ideas matemáticas, así como identificar as matemáticas noutras áreas ou na vida cotiá, interrelacionando conceptos e procedementos, para interpretar situacións e contextos diversos. 
OBX6  Comunicar e representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos e resultados matemáticos, utilizando a linguaxe oral, escrita, gráfica, multimodal e a terminoloxía matemática apropiadas, para dar significado e permanencia ás ideas matemáticas 
OBX7  Desenvolver destrezas persoais que axuden a identificar e xestionar emocións ao enfrontarse a retos matemáticos, fomentando a confianza nas propias posibilidades, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ás situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza e gozar na aprendizaxe das matemáticas.
OBX8 Desenvolver destrezas sociais, recoñecendo e respectando as emocións, as experiencias das e dos demais e o valor da diversidade, participando activamente en equipos de traballo heteroxéneos, mixtos e diversos con roles asignados, para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e crear relacións saudables.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
STEM - Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
CPSAA - Competencia persoal, social e de aprender a aprender  CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
CE - Competencia emprendedora CE1, CE2, CE3
CD - Competencia dixital  CD1, CD2, CD3, CD5 
CC - Competencia cidadá CC2, CC3, CC4
CCEC - Competencia en conciencia e expresión culturais CCEC1, CCEC4
CCL - Competencia en comunicación lingüística CCL1, CCL3, CCL5
CP - Competencia plurilingüe CP3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)