Temporalización do REA
Esta situación de aprendizaxe está deseñada para realizar en 13 sesións e, segundo a programación didáctica modelo de Proens para a materia de "Matemáticas" de 6º de EP, englóbase no terceiro trimestre.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. Compras inteligentes |
1.1. Analiza tus compras 1.2. Forma tu equipo |
Sesión de motivación e presentación da tarefa. Introdución ao reto e a súa relación coas matemáticas. Primeira reflexión metacognitiva no diario de aprendizaxe. |
1 sesión |
|
2. Controla el stock |
2.1. Antes de comprar, repasar 2.2. Ideas para vender 2.3. Ideas para comprar 2.4. Ideas para regalar |
Sesións de revisión e activación de coñecementos previos sobre estatística e fraccións, decimais e porcentaxes. Segunda reflexión metagognitiva no diario de aprendizaxe. |
3 sesións |
|
3. Diseña tu estrategia |
3.1. Analiza las ventas 3.2. Marca la diferencia 3.3. Resume en un dato 3.4. Resume en una imagen 3.5. Investiga los gastos 3.6. Comparte la suerte 3.7. Simula las ventas |
Proposta con seccións teóricas, actividades interactivas e non interactivas, actividades individuais e grupais sobre os contidos propios da unidade. Están deseñadas para crear interese no alumnado dada a relación existente entre elas e o tema das compras diarias arredor do que xira a situación de aprendizaxe. Inclúe actividades interactivas multinivel con tres opcións para que o alumnado escolla unha delas para realizar. Terceira reflexión metacognitiva no diario de aprendizaxe. |
6 sesións |
|
4. Crea tu estudio |
4.1. Autoevalúate |
Sesións dirixidas á realización do reto proposto. Cuarta reflexión metacognitiva no diario de aprendizaxe. |
2 sesións |
|
5. Presenta la investigación |
5.1. Coevaluación |
Sesión vinculada á síntese dos resultados obtidos nos retos da fase 5, cunha exposición oral. Abórdase a conclusión final incluíndo instrumentos para realizar unha coavaliación da resolución dos retos así como para unha autoreflexión por parte do alumnado. Inclúese a última reflexión metacognitiva final a engadir no diario de aprendizaxe |
1 sesión |