Criterios de avaliación e mínimos de consecución
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.3 - Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección. | Elixir a estratexia adecuada para resolver un problema identificando datos cuantitativos e cualitativos da contorna próxima que podemos rexistrar e cuantificar. | TI | 9 | 8 |
| CA4.7 - Empregar ferramentas tecnolóxicas adecuadas na investigación e resolución de problemas. | Utilizar ferramentas tecnolóxicas adecuadas no proceso de resolución de problemas. | TI | 9 | 8 |
| CA5.1 - Traballar en equipo activa, respectuosa e responsablemente, mostrando iniciativa, comunicándose de forma efectiva, valorando a diversidade, mostrando empatía e establecendo relacións saudables baseadas no respecto, a igualdade e a resolución pacífica de conflitos. | Traballar en equipo activamente, comunicándose e respectando a diversidade do grupo e establecendo relacións saudables baseadas no respecto, a igualdade e a resolución pacífica de conflitos, nos que interveña a lectura, interpretación ou representación de gráficas e táboas de datos. | TI | 9 | 9 |
| CA5.2 - Comprender problemas da vida cotiá a través da reformulación da pregunta, de forma verbal e gráfica. | Interpretar problemas da vida cotiá a través da reformulación da pregunta, de forma verbal e gráfica utilizando un guión de preguntas para a interpretación do enunciado. | PE (non incluída no REA) |
9 | 8 |
| CA5.3 - Elaborar representacións matemáticas que axuden na procura e elección de estratexias e ferramentas, incluídas as tecnolóxicas, para a resolución dunha situación problematizada. | Producir representacións matemáticas a través de gráficos estatísticos con pictogramas, diagramas de barras ou histogramas e de táboas de frecuencias absolutas que axuden na resolución dunha situación problematizada. | PE (non incluída no REA) |
9 | 8 |
| CA5.4 - Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma. | Obter posibles solucións a problemas seleccionando entre varios estudos estatísticos sinxelos: formulación de preguntas, ou recollida, rexistro e organización de datos cualitativos e cuantitativos. | PE (non incluída no REA) |
9 | 8 |
| CA5.5 - Formular conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma guiada. | Formular conxecturas, análises da dispersión, obtención de conclusións e exposición destas a partir de dous conxuntos de datos e da súa representación gráfica de forma guiada. | PE (non incluída no REA) |
9 | 9 |
| CA5.6 - Expor novos problemas sobre situacións cotiás que se resolvan matematicamente. | Formular, en equipo, problemas relacionados co contexto próximo en que interveña a lectura, interpretación ou representación de gráficas e táboas de datos. | PE (non incluída no REA) |
9 | 9 |
| CA5.7 - Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá para resolver problemas en contextos non matemáticos. | Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá para resolver problemas relacionados coa estatística e a probabilidade en contextos non matemáticos. | PE (non incluída no REA) |
9 | 9 |
| CA5.8 - Interpretar a linguaxe matemática sinxela presente na vida cotiá en diferentes formatos, adquirindo vocabulario apropiado e mostrando a comprensión da mensaxe. | Identificar datos cuantitativos e cualitativos da contorna próxima que se poidan rexistrar e cuantificar, adquirindo vocabulario específico básico e mostrando a comprensión da mensaxe. | PE (non incluída no REA) |
9 | 9 |
| CA6.1 - Autorregular as emocións propias e recoñecer algunhas fortalezas e debilidades, desenvolvendo así a autoconfianza ao abordar novos retos matemáticos. | Producir representacións matemáticas a través de esquemas, gráficos ou diagramas que axuden na resolución dunha situación problematizada. | TI | 9 | 7 |
| CA6.6 - Utilizar conexións entre diferentes elementos matemáticos, mobilizando coñecementos e experiencias propios. | Realizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos aplicando coñecementos e experiencias propios no campo das fraccións. | TI | 9 | 8 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||