Ruta matemática por Galicia
Este recurso ten como finalidade traballar as unidades de medida de diferentes magnitudes, desde un enfoque competencial a partir da organización dunha viaxe dentro da realidade máis próxima ao alumnado. Preténdese que alumnado coñeza e comprenda as diferentes unidades de medida das magnitudes e que sexa quen de empregalas en calquera situación.
Está aliñado cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) ao tratar a relación co entorno natural e o seu coidado.
Ao longo das cinco fases da situación de aprendizaxe trabállanse actividades en distintos formatos para que sexan accesibles a todo o alumnado, tendo en conta en todo momento o deseño universal para a aprendizaxe (DUA).
O profesorado que queira utilizar este recurso na aula terá unha nova posibilidade motivadora para a aprendizaxe das matemáticas.