Saltar la navegación

1. Descrición xeral

Ruta matemática por Galicia

Esta situación de aprendizaxe ten como obxectivo a aprendizaxe de distintas magnitudes e as súas unidades, nun contexto real: o deseño dun roteiro por unha provincia Galega. No proceso, o alumnado coñecerá novos lugares, e buscará neles as matemáticas que se esconden detrás da súa beleza ou relevancia.

Ofrece a posibilidade de que o alumnado entenda conceptos matemáticos fundamentais: unidades de medida de lonxitude, capacidade, masa e superficie, tempo, ángulos e volume. Nesta proposta preténdese desenvolver non so os conceptos asociados, senón tamén as competencias necesarias para resolver problemas e desafíos establecendo relacións entre as matemáticas e unha situación real.

As metas de aprendizaxe que se pretenden acadar con este REA son:

  • Seleccionar información de diferentes fontes para transformala en coñecemento.
  • Comprender o que é unha magnitude e as súas unidades de medida, aplicándoas en distintos contextos.
  • Recoñecer a utilidade das matemáticas en relación coa vida real e outras áreas do coñecemento.
  • Realizar proxectos en equipos heteroxéneos, mixtos... respectando as emocións, fomentando o benestar persoal, creando relacións saudables para obter un produto final creativo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)