Criterios de avaliación e mínimos de consecución
| Códigos CA | Criterios de avaliación (CA) | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación |
Unidad didáctica (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|---|
| CA1.2 | Comprender problemas da vida cotiá a través da reformulación da pregunta, de forma verbal e gráfica. | Interpretar, de forma verbal e gráfica, problemas da vida cotiá, que impliquen a elección das unidades máis apropiadas ao contexto e tamaño, comprendendo as preguntas formuladas a través da reformulación da pregunta. |
TI |
7 | 8 |
| CA1.4 | Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma. | Obter posibles solucións dun problema seguindo algunha estratexia coñecida, de comparación, ordenación, composición e/ou descomposición de medidas da mesma magnitude. | TI | 7 | 8 |
| CA2.1 |
Colaborar na repartición de tarefas, asumindo e respectando as responsabilidades individuais asignadas e empregando estratexias cooperativas sinxelas dirixidas á consecución de obxectivos compartidos. | Participar na repartición de tarefas respectando as responsabilidades asignadas e empregando estratexias cooperativas sinxelas de traballo en equipo dirixidas á consecución de obxectivos compartidos. | TI | 7 | 9 |
| CA2.2 | Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección. | Comparar entre diferentes estratexias para a estimación de medidas do sistema métrico decimal, de ángulos, tempo e temperatura por comparación con unidades de medida coñecidas e a súa aplicación en contextos habituais, con verificación dos resultados para resolver un problema. | PE (non incluído no REA) | 7 | 9 |
| CA2.3 | Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma. |
Obter posibles solucións dun problema seguindo algunha estratexia coñecida para a estimación de medidas do sistema métrico decimal, de ángulos, tempo e temperatura por comparación con unidades de medida coñecidas como parte do proceso de aprendizaxe. |
PE (non incluído no REA) |
7 | 9 |
| CA2.4 | Comprobar a corrección matemática das solucións dun problema e a súa coherencia no contexto exposto. | Comprobar a corrección das solucións dun problema que teña que ver coas medidas do sistema métrico decimal, de ángulos, tempo e temperatura con verificación dos resultados e comprobación de se son posibles ou non. | PE (non incluído no REA) | 7 | 9 |
| CA2.5 |
Utilizar conexións entre diferentes elementos matemáticos mobilizando coñecementos e experiencias propios. |
Utilizar conexións entre diferentes elementos matemáticos relacionados coas unidades convencionais do Sistema Métrico Decimal (lonxitude, masa, capacidade e superficie) con axuda da propia experiencia. | PE (non incluído no REA) | 7 | 9 |
| CA2.6 | Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá para resolver problemas en contextos non matemáticos. | Utilizar as conexións entre as matemáticas, as ciencias, a ética, os ODS e a vida cotiá para resolver problemas en contextos non matemáticos relacionados coas unidades convencionais do Sistema Métrico Decimal (lonxitude, masa, capacidade e superficie) .. | PE (non incluído no REA) | 7 | 8 |
| CA2.7 | Interpretar a linguaxe matemática sinxela presente na vida cotiá en diferentes formatos, adquirindo vocabulario apropiado e mostrando a comprensión da mensaxe. | Recoñecer a linguaxe matemática sinxela presente na vida cotiá en diferentes formatos, adquirindo vocabulario específico básico e mostrando a comprensión da mensaxe. | PE (non incluído no REA) | 7 | 8 |
| CA2.8 | Comunicar en diferentes formatos as conxecturas e procesos matemáticos, utilizando linguaxe matemática adecuada. | Explicar os procesos e ideas matemáticas, os pasos seguidos na resolución dun | PE (non incluído no REA) | 7 | 8 |
| CA4.2 | Elaborar representacións matemáticas que axuden na procura e elección de estratexias e ferramentas, incluídas as tecnolóxicas, para a resolución dunha situación problematizada. | Producir representacións matemáticas a través de esquemas, gráficos ou diagramas que axuden na resolución dunha situación problematizada. | TI | 7 | 8 |
| CA6.2 | Elixir actitudes positivas ante novos retos matemáticos, tales como a perseveranza e a responsabilidade, valorando o erro como unha oportunidade de aprendizaxe. | Amosar actitudes positivas ante retos matemáticos tales como o esforzo e a flexibilidade, valorando o erro como unha oportunidade de aprendizaxe. | TI | 7 | 7 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | |||||