Diseña tu moda
Esta situación de aprendizaxe ten como finalidade traballar a unidade de proporcionalidade numérica, desde un enfoque competencial contextualizado á realidade do alumnado a partir do deseño dunha prenda para o "Entroido".
Preténdese que alumnado coñeza e comprenda as magnitudes proporcionais, porcentaxes e escalas e que sexa quen de empregalas en calquera situación.
O recurso está aliñado cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) ao tratar a saúde e o benestar, e a igualdade de xénero.
Ao longo das cinco fases da situación de aprendizaxe trabállanse actividades en distintos formatos para que sexan accesibles a todo o alumnado, tendo en conta en todo momento o deseño universal de aprendizaxe (DUA).
O profesorado que queira utilizar este recurso na aula terá unha nova posibilidade motivadora para a aprendizaxe das matemáticas.