Saltar la navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a área de Matemáticas de 6º curso de educación primaria. O seu deseño parte da programación modelo de Proens (versión 2, 01/07/2024), a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta.

A proposta de recursos cREAgal para esta área configura unha secuencia ordenada de nove REA que cobren integramente o currículo da área, establecéndose unha correlación directa coas nove unidades didácticas da programación modelo de Proens.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Los números y nuestra biblioteca" UD1: Os números naturais e a biblioteca CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.9, CA6.4 12% 1º trimestre
REA 2: "Potenciando las diversiones" UD2: As potencias CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA6.6, CA6.7 12% 1º trimestre
REA 3: "Minichefs" UD3: Unha aventura espacial CA1.1, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA4.1, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA6.1, CA6.8 12% 1º trimestre
REA 4: "Viaje de fin de curso" UD4: Os números enteiros CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.9, CA6.4 12% 2º trimestre
REA 5: "Nuestra fiesta de primavera" UD5: Coas mans na masa: elaboramos receitas. CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA1.9, CA4.4, CA4.8, CA6.3, CA6.6 12% 2º trimestre
REA 6: "Diseña tu moda" UD6: Proporcionalidade e porcentaxes CA1.1, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA4.3, CA4.4, CA6.5 10% 2º trimestre
REA 7: "Ruta matemática por Galicia" UD7: Medidas: lonxitude, capacidade, masa e tempo. CA1.2, CA1.4, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA2.8, CA4.2, CA6.2 10% 3º trimestre
REA 8: "Arte-Metría" UD8: O plano e as figuras xeométricas CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6, CA3.7, CA3.8, CA6.3, CA6.7, CA6.8. 10% 3º trimestre
REA 9: "Compras con estrategia" UD9: Estatística CA1.3, CA4.7, CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.1, CA6.6 10% 3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da área "Matemáticas" de 6º curso de educación primaria:

  • Interpretar situacións da vida cotiá proporcionando unha representación matemática destas mediante conceptos, ferramentas e estratexias, para analizar a información máis relevante.
  • Resolver situacións problemáticas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto exposto.
  • Explorar, formular e comprobar conxecturas sinxelas ou formular problemas de tipo matemático en situacións baseadas na vida cotiá, de forma guiada, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación, para contrastar a súa validez, adquirir e integrar novo coñecemento.
  • Utilizar o pensamento computacional, organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, xeneralizando e interpretando, modificando e creando algoritmos de forma guiada, para modelizar e automatizar situacións da vida cotiá.
  • Recoñecer e utilizar conexións entre as diferentes ideas matemáticas, así como identificar as matemáticas noutras áreas ou na vida cotiá, interrelacionando conceptos e procedementos, para interpretar situacións e contextos diversos.
  • Comunicar e representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos e resultados matemáticos, utilizando a linguaxe oral, escrito, gráfico, multimodal e a terminoloxía matemática apropiados, para dar significado e permanencia ás ideas matemáticas.
  • Desenvolver destrezas persoais que axuden a identificar e xestionar emocións ao enfrontarse a retos matemáticos, fomentando a confianza nas propias posibilidades, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ás situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza e gozar na aprendizaxe das matemáticas.
  • Desenvolver destrezas sociais, recoñecendo e respectando as emocións, as experiencias das e dos demais e o valor da diversidade, participando activamente en equipos de traballo heteroxéneos, mixtos e diversos con roles asignados, para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e crear relacións saudables.

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que se traballan son os seguintes:

  • ODS 3: Saúde e benestar.
  • ODS 5: Igualdade de xénero.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA contextualízase na unidade didáctica 6 da programación modelo de referencia publicada en Proens para a materia de "Matemáticas" de 6º curso de educación primaria.

Contidos Bloque da materia

C1.3 Sentido das operacións

  • C1.3.5 Creación e formulación de problemas que se resolvan mediante operacións aritméticas (con números naturais, fraccións, decimais e porcentaxes) baseados en situacións familiares e cotiás que permitan establecer conexións con experiencias propias.
  • C1.3.6 Uso de calculadora como recurso para a autocorrección de resultados de operacións realizadas en problemas unha vez establecida a idoneidade do proceso, para a investigación de patróns e propiedades numéricas e como procedemento útil en cálculos complexos.

C1.4 Relacións

  • C1.4.7 Investigación e comprobación de relación entre fraccións sinxelas, decimais e porcentaxes en situacións cotiás.

C1.5 Razoamento proporcional

  • C1.5.1 Identificación de situacións proporcionais e non proporcionais como comparación multiplicativa entre magnitudes en problemas da vida cotiá.
  • C1.5.2 Formulación e resolución de problemas, individualmente e en equipo, que impliquen o uso de proporcionalidade, porcentaxes e escalas na vida cotiá, mediante a igualdade entre razóns, a redución á unidade e o uso de coeficientes de proporcionalidade, seguindo a estratexia adecuada, con explicación do proceso seguido na resolución.

C1.6 Educación financeira

  • C1.6.1 Resolución de problemas en situacións cotiás que requiran unha correcta  administración do diñeiro e consumo responsable (valor/prezo, calidade/prezo, mellor prezo), con análise crítica de aspectos relacionados co diñeiro, usando textos cotiáns físicos (folletos, carteis, informes) ou dixitais para comparar e elixir a mellor opción nunha
    compra simulada.
Bloque 1

C4.3 Relacións e funcións

  • 4.3.2 Obtención de datos sinxelos descoñecidos representados por medio dun símbolo ou compleción de datos en relacións de igualdade en xogos e retos matemáticos, con persistencia na obtención, contraste e comprobación de que o dato obtido é correcto.

C4.4 Pensamento computacional

  • 4.4.1 Estratexias para a interpretación, modificación e creación de algoritmos sinxelos relacionados co contexto cotián e o xogo nas regras de xogos, instrucións secuenciais, instrucións aniñadas e condicionais, bucles, patróns repetitivos, representacións computacionais, programación por bloques, robótica educativa.
Bloque 4

C6.1 Crenzas, actitudes e emocións

  • C6.1.5 Realización de investigacións matemáticas individuais ou en equipo para fomentar a curiosidade, o interese, a iniciativa na súa aprendizaxe, a organización de ideas, o tratamento da información e a formulación e comprobación de conxecturas.
Bloque 6

Obxectivos Descrición
OBX 2 Resolver situacións problematizadas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto exposto.
OBX 3 Explorar, formular e comprobar conxecturas sinxelas ou formular problemas de tipo matemático en situacións baseadas na vida cotiá, de forma guiada, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación, para  contrastar a súa validez, adquirir e integrar novo coñecemento.
OBX 4 Utilizar o pensamento computacional, organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns , xeneralizando e interpretando, modificando e creando algoritmos de forma guiada, para modelizar e automatizar situacións da vida cotiá.
OBX 7 Desenvolver destrezas persoais que axuden a identificar e xestionar emocións ao enfrontarse a retos matemáticos, fomentando a confianza nas propias posibilidades, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ás situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza e gozar na aprendizaxe das matemáticas.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
STEM - Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría STEM1, STEM2, STEM3, STEM5
CPSAA - Competencia persoal, social e de aprender a aprender CPSAA1, CPSAA4, CPSAA5
CE - Competencia emprendedora CE2, CE3
CD - Competencia dixital CD1, CD3, CD5
CCL - Competencia lingüística CCL1

Feito con eXeLearning (Nova xanela)