Saltar la navegación

1. Descrición xeral

Diseña tu moda

A situación de aprendizaxe desenvolvida neste recurso ten como eixe principal o Entroido e as prendas que se usan nesta festa. A través dela, trabállanse os conceptos de proporcionalidade numérica, porcentaxes e escalas, co estudo de patróns de distintas prendas, e as actividades desenvolvidas nunha xastrería.

O reto proposto ao alumnado -que consiste en deseñar o seu propio disfrace de Entroido- permitirá desenvolver as competencias necesarias para resolver problemas e desafíos, establecendo relacións entre as matemáticas e unha situación real.

As metas de aprendizaxe que acadará o alumnado no desenvolvemento deste recurso serán:

  • Interpretar e resolver problemas que utilicen proporcionalidade, elaborando representacións na súa resolución, aplicando ferramentas e estratexias apropiadas.
  • Resolver problemas de porcentaxes de contextos reais.
  • Comprender e utilizar o concepto de escala para realizar debuxos.
  • Traballar en equipo, respectando diferentes opinións, comunicando de maneira efectiva, repartindo as tarefas, favorecendo a inclusión, pensando de forma crítica e creativa.
  • Xestionar emocións propias con expectativas positivas ante novos retos matemáticos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)