Saltar navegación

3. Guía de uso

Nuestra fiesta de primavera

A situación de aprendizaxe desenvolvida neste REA ten como fío condutor actividades vinculadas a unha festa primaveral. Proponse como reto a creación dun mantel co deseño dun xardín que permitirá traballar contidos relacionados coas fraccións, decimais e porcentaxes. Analizarán, como inspiración, xardíns como os que se presentan no Festival Internacional de Xardíns de Allariz.

Búscase motivar ao alumnado cunha situación real, e tamén promover a cultura paisaxística próxima, coa visualización de xardíns e de fraccións nun contexto creativo.

Non interesan tanto os cálculos, senón os gráficos que hai detrás destes, e a súa aplicabilidade para o deseño do mantel con motivos florais, que poden empregar no desenvolvemento dunha festa da primavera.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)