Saltar navegación

1. Descrición xeral

La fiesta de la primavera

A situación de aprendizaxe desenvolvida neste REA ten como fío condutor actividades vinculadas a unha festa primaveral. Proponse como reto a creación dun mantel co deseño dun xardín, inspirado no Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que permitirá traballar contidos relacionados co ámbito das fraccións.

As metas que conseguirá o alumnado no desenvolvemento deste recurso serán:

  • Identificar, ler, escribir, ordenar, representar e operar fraccións.
  • Coñecer situacións reais nas que se aplican as fraccións.
  • Interpretar e resolver problemas que utilicen fraccións, elaborando representacións na súa resolución, aplicando ferramentas e estratexias apropiadas.
  • Traballar en equipo, respectando diferentes opinións, comunicando de maneira efectiva, repartindo as tarefas, favorecendo a inclusión, pensando de forma crítica e creativa.
  • Xestionar emocións propias con expectativas positivas ante novos retos matemáticos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)