Criterios de avaliación e mínimos de consecución
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.3 - Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección. | Seleccionar unha estratexia, comparando entre varias, para resolver un problema sobre as fracciones. | PE (non incluída no REA) | 5 | 15 |
| CA1.4 - Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma. | Obter posibles solucións dun problema sobre fraccións , seguindo algunha estratexia coñecida de forma autónoma. | PE (non incluída no REA) | 5 | 10 |
| CA1.5 - Formular conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma guiada. |
Analizar conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións sobre as fraccións de forma pautada. | PE (non incluída no REA) | 5 | 10 |
| CA1.6 - Formular novos problemas sobre situacións cotiás que se resolvan matematicamente. | Dar exemplos de problemas sobre situacións cotiás que se resolven matemáticamente usando as fraccións. | PE (non incluída no REA) | 5 | 15 |
| CA1.8 - Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá para resolver problemas en contextos non matemáticos. | Realizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos aplicando coñecementos e experiencias propias, no campo das fraccións. |
TI |
5 | 10 |
CA1.9 - Comunicar en diferentes formatos as conxecturas e procesos matemáticos, utilizando linguaxe matemática adecuada. |
Explicar os procesos e as ideas matemáticas, os pasos seguidos na resolución, ou os resultados obtidos nos problemas de fraccións, utilizando unha linguaxe matemática adecuada. |
TI |
5 | 10 |
| CA4.4 - Obter posibles solucións dun problema seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma. | Obter posibles solucións dun problema sobre fraccións seguindo algunha estratexia coñecida de forma autónoma. | PE (non incluída no REA) | 5 | 10 |
| CA4.8 - Utilizar conexións entre diferentes elementos matemáticos mobilizando coñecementos e experiencias propios. | Realizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos aplicando coñecementos e experiencias propios no campo das fraccións. | TI | 5 | 5 |
| CA6.3 - Traballar en equipo activa, respectuosa e responsablemente, mostrando iniciativa, comunicándose de forma efectiva, valorando a diversidade, mostrando empatía e establecendo relacións saudables baseadas no respecto, a igualdade e a resolución pacífica de conflitos. | Traballar en equipo activa, activa e respectuosamente, respectando a diversidade do grupo e establecendo relacións saudables baseadas no recpecto, a igualdade e a resolución pacífica de conflitos. | TI | 5 | 5 |
| CA6.6 - Utilizar conexións entre diferentes elementos matemáticos mobilizando coñecementos e experiencias propios. |
Realizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos aplicando coñecementos e experiencias propias, relacionado coas fraccións. | TI | 5 | 10 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||