Saltar navegación

3. Guía de uso

Recomendacións a ter en conta

Esta situación de aprendizaxe ten como finalidade a integración dos números enteiros, as súas operacións e relacións, aplicándoos á vida cotiá do alumnado. O reto que deberá abordar o alumnado é organizar a saída de fin de curso, para a cal deberán escoller destino, aloxamento, transporte ou actividades a realizar. Para poder financiar a saída, cada grupo de alumnos e alumnas deberá vender diferentes produtos, obtendo deste xeito os beneficios necesarios para pagar o custo total. Propóñense diferentes produtos que poderán vender, adquirindo en primeiro lugar unha débeda (saldo negativo) ao mercalos. Esta débeda deberá ser saldada coas ventas, ademais de conseguir o beneficio desexado, sendo todo o proceso anotado nun libro de caixa. 

Búscase que sexan conscientes da necesidade de manexar os números enteiros non só no contexto económico, senón que se presentan diferentes situacións nas que tamén interveñen os números positivos e negativos.

Como xa se indicou no apartado 2, ao referirse ao currículo, non se priman os cálculos, senón as habilidades e as competencias.

Ao longo das cinco fases da situación de aprendizaxe trabállanse actividades en distintos formatos para que sexan accesibles a todo o alumnado, tendo en conta en todo momento o deseño universal de aprendizaxe (DUA).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)