Saltar navegación

1. Descrición xeral

Viaje de fin de curso

Esta situación de aprendizaxe ten como fío condutor a planificación da viaxe de fin de curso do alumnado. Na presente proposta, búscase que o alumnado adquira as competencias matemáticas necesarias para o dominio de situacións onde interveñan relacións entre números enteiros. Ao longo do recurso, o alumnado conectará cos números positivos e negativos, a identificación, a comparación e as operacións de suma, resta, multiplicación e división; todo iso orientado á aplicación na vida diaria.

Os obxectivos de aprendizaxe que se pretenden acadar co alumnado son os seguintes:

  • Identificar, ler, ordenar e escribir os números enteiros en contextos da vida real.
  • Realizar operacións básicas de cálculo con números enteiros.
  • Resolver problemas con números positivos e negativos.
  • Aplicar os números enteiros para levar un rexistro de caixa.
  • Interpretar o beneficio, ingreso e gasto.
  • Traballar en equipo e distribuír tarefas de forma coordinada e consensuada.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)