Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA está pensado para ser levado a cabo ao longo de 15 sesións durante o segundo trimestre do curso, tal e como se establece na programación didáctica de Proens para a área de Matemáticas de 6º curso de educación primaria.

Hai que destacar que en cada unha das fases o alumnado deberá cubrir un "Diario de aprendizaxe", onde se recollerá o seguimento do seu proceso de aprendizaxe.

A continuación pódese ver unha estimación das sesións para cada unha das fases que o compoñen:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. Matemáticas para viajar

1.1. El libro de caja

Nesta primeira sesión motívase ao alumnado presentándolle a situación de aprendizaxe e o reto a realizar.

1 sesión

2. Calcula y viaja

2.1. Las cuentas

2.2. El destino

Sesión de coñecementos previos sobre as operacións con números naturais.

2 sesión

3. Cuentas bajo cero y sobre cero

3.1. La balanza del viaje

3.2. La cantidad de dinero

3.3. ¿Cuál está mejor?

3.4. Movimientos de caja

3.5. La devolución

3.6. El cálculo rápido

3.7. Control de gastos

Proposta de actividades interactivas e non interactivas con números enteiros. Trabállase o concepto de número enteiro, a súa identificación e ordenación. Ademais, realízanse as operacións básicas cos números positivos e negativos. Trabállanse diferentes actividades orientadas a conectar cos intereses do alumnado, a través de xogos interactivos e de tarefas contextualizadas á situación de aprendizaxe. 

 9 sesións

4. ¡A vender y contar!

Esta fase está pensada para levar a cabo o reto proposto e que o alumnado remate o seu produto final. E o momento de realizar a venta de produtos e obter deste xeito o beneficio necesario para pagar a viaxe.

2 sesións

5. ¡El final!

Nesta sesión o alumnado reflexionará sobre os contidos traballados e adquiridos. Esta reflexión poderase levar a cabo de forma individual ou en grupo. Para poder realizar dita reflexión propóñense instrumentos de avaliación para o reto e o proceso.

 1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)