Orientacións e recomendacións de uso
Recomendacións a levar a cabo dentro da aula para a realización deste REA:
Recursos materiais necesarios
- Regras
- Rectas numéricas
- Calculadora
- Caderno do alumnado
- Material funxible
Proposta de agrupamentos para actividades en grupo
Coas actividades en grupo preténdese que o alumnado traballe de forma cooperativa e colaborativa. Con isto aprenderán a coordinarse na realización de tarefas e aumentar a súa autonomía persoal. Búscase que os grupos sexan diversos e heteroxéneos, na procura do traballo en equipo, para que o alumnado aprenda a tomar decisións e accións conxuntamente, promovendo a “democracia de grupo”. Para iso, recoméndase ao profesorado que utilice este REA na súa aula considerando as seguintes pautas:
- Organizar ao alumnado en función das súas diferentes capacidades, para crear equipos de 4 - 5 persoas.
- Asignar a cada integrante do grupo unha función na que amose as súas capacidades.
- Crear un clima de traballo positivo e participativo, poñendo en valor os progresos e aconsellando nas dificultades.
Produtos finais
O produto final é a elaboración dun "libro de caixa" onde o alumnado anote as entradas e saídas de diñeiro relativas á compra e venda de produtos.
Para levar a cabo este reto, pode realizarse unha venta real no propio centro educativo, ou simular unha situación similar na aula para que así o alumnado traballe os números enteiros.
Acompáñase unha ficha de traballo en grupo onde o alumnado pode ir anotando en todo momento toda a información necesaria para acadar o produto final.
Ademais, aínda que se propoñen tres viaxes diferentes e cinco posibles produtos de venta, o ideal sería adaptar estas viaxes e produtos á realidade do alumnado.
Enfoque multinivel do reto
Para afrontar o enfoque multinivel do reto, propóñense tres viaxes diferentes para escoller e cinco produtos para a venda. Así o alumnado será que escolla o viaxe que pretende realizar e ademais os produtos que desexa vender.
Ademais, o produto final a entregar pode realizarse tanto en papel como en formato dixital.