Saltar la navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Os materiais necesarios para traballar este recurso, son:

  • Material funxible: lapis, ceras de cores, cadernos ou folios, cartolinas...
  • Equipos informáticos.
  • Calculadora.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Para a realización das actividades grupais, proponse facer grupos de 3-4 persoas, de xeito que cada unha delas adquira un rol diferente.

Así poderanse levar a cabo distintas técnicas de traballo cooperativo co fin de que se fomente a empatía, o respecto pola opinión dos demais compañeiros e compañeiras, a toma de decisións e a resolución pacífica de conflitos.

Produtos finais

O produto final é a creación dunha presentación na que se describa a campaña de recollida de alimentos para donalos a unha ONX.

Esta recollida de alimentos faise a partir dunha proposta de "Biblioteca solidaria", na que pódese cambiar un libro por un quilo de comida.

Enfoque multinivel do reto

Ao longo de toda a situación de aprendizaxe inclúese unha serie de tarefas e actividades variadas e adaptadas a diferentes niveis, para que o alumnado poida escoller.

Para o produto final do reto, o alumnado pode elaborar a súa presentación incorporando diferentes recursos e cun número variable de elementos, o que garante a posibilidade de abordalo seguindo diferentes camiños.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)