Criterios de avaliación e mínimos de consecución
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.2 - Comprender problemas da vida cotiá a través da reformulación da pregunta, de forma verbal e gráfica. |
Interpretar, de forma verbal ou gráfica, problemas da vida cotiá relacionados cos números naturais, e as súas operacións, comprendendo as preguntas formuladas a través de diferentes estratexias ou ferramentas, incluídas as tecnoloxías. | TI Rúbricas autoavaliación II, III | 1 | 8 |
| CA1.3 - Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección. | Comparar entre as posibles estratexias, para resolver un problema sobre números naturais, escollendo a que mellor se adapte á solución do mesmo. | PE (non incluída no REA) | 1 | 10 |
| CA1.4 - Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma. | Obter posibles solucións dun problema sobre os números naturais, seguindo algunha estratexia coñecida de xeito autónomo. | PE (non incluída no REA) | 1 | 10 |
| CA1.5 - Formular conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma guiada. |
Formular conxecturas matemáticas sinxelas de forma guiada. | PE (non incluída no REA) | 1 | 10 |
| CA1.6 - Formular novos problemas sobre situacións cotiás que se resolvan matematicamente. | Dar exemplos de problemas sobre situacións cotiás que se resolven matemáticamente usando os números naturais. |
PE (non incluída no REA) |
1 | 10 |
| CA1.8- Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá para resolver problemas en contextos non matemáticos. | Interpretar situacións da vida real, en contextos non matemáticos, que se poidan vincular cos números naturais. | TI Rúbrica autoavaliación II | 1 | 8 |
|
CA4.3 - Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección. |
Comparar entre as posibles estratexias, para resolver un problema sobre números naturais, escollendo a que mellor se adapte á solución do mesmo. | PE (non incluída no REA) | 1 | 10 |
| CA4.4 - Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma. | Obter posibles solucións dun problema de números naturais seguindo algunha estratexia coñecida de forma autónoma. | PE (non incluída no REA) | 1 | 10 |
| CA4.5 - Formular conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma guiada. | Analizar conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións dos números naturais de forma pautada. | TI Rúbricas autoavaliación II, III | 1 | 8 |
| CA4.9 - Comunicar en diferentes formatos as conxecturas e procesos matemáticos, utilizando linguaxe matemática adecuada. |
Explicar os procesos e ideas matemáticas, os pasos seguidos na resolución dun problemas ou os resultados obtidos utilizando unha linguaxe matemática sinxela en diferentes formatos referida aos números naturais. |
TI Rúbricas autoavaliación II, III |
1 | 8 |
| CA6.4- Colaborar na repartición de tarefas, asumindo e respectando as responsabilidades individuais asignadas e empregando estratexias cooperativas sinxelas dirixidas á consecución de obxectivos compartidos. | Colaborar na repartición de tarefas, asumindo e respectando as responsabilidades asignadas e empregando estratexias cooperativas dirixidas á consecución de obxectivos compartidos. | TI Rúbricas autoavaliación I, II | 1 | 8 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||