Los números y nuestra biblioteca.
Esta situación de aprendizaxe ten como base a relación entre o uso dos números naturais e o traballo nunha biblioteca, aplicado no propio centro educativo.
A partir desta, o alumnado poderá adquirir conceptos matemáticos, tales como: números de distintas cifras, tipos de descomposicións, operacións aritméticas con números de distintas cifras, o seu uso en distintos contextos e resolución de problemas da vida cotiá, entre outros.
O reto final deste REA é a elaboración dunha presentación baseada nunha campaña solidaria a desenvolver na biblioteca do centro. Levarase a cabo unha operación "Quilo" cos libros de expurgo. Cada persoa que traia un quilo de comida non perecedoira, poderá levarse un libro. A comida que se recolla será entregada a unha asociación sen ánimo de lucro da localidade, neste caso co Banco de alimentos. No proceso farase unha recollida de datos que logo formará parte dunha presentación dos resultados á comunidade educativa.
As metas de aprendizaxe que nos propoñemos son as seguintes:
- Formarse na lectura e escritura de números de 9 ou máis cifras de maneira fluída.
- Saber as distintas situacións onde se poden utilizar os números naturais.
- Coñecer as estratexias necesarias para a realización de distintas operacións con estes números.
- Reflexionar sobre o propio traballo e o das outras persoas con respecto.
- Coñecer e valorar o traballo que se desenvolve nunha biblioteca e no Banco de Alimentos.