Saltar navegación

3. Guía de uso

Sobre este REA

O presente REA expón as principais características da fase final do Imperio Romano e da chegada dos pobos xermánicos do norte de Europa. Partindo da súa situación xeográfica e dunha liña do tempo, o alumnado poderá conectar os coñecementos sobre a situación política e social que levou á desintegración do Imperio e a chegada dos denominados pobos "bárbaros" cos problemas actuais, buscando unha adquisición do coñecemento significativa.

O REA segue o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), proporcionando actividades multinivel, adaptadas a diferentes niveis de dificultade, e lecturas facilitadas dos contidos explicados ao longo da unidade. 

Os contidos deberán ser empregados na resolución dun reto final no que o alumnado deberá expoñer, a partir dunha presentación, podcast ou animación stop motion, os principais aspectos dos pobos xermánicos estudados. A avaliación realizarase a través da rúbrica proporcionada, así como a mediante a retroalimentación a partir do Diario de aprendizaxe e das actividades propostas.

O obxectivo último é que a experiencia didáctica sexa motivadora e que o alumnado poda conectar os contidos da unidade coa súa realidade, moi especialmente coa necesidade de aprender do pasado para ter un desenvolvemento sostible e unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)