Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación tomando como referencia a proposta de PROENS:

Códigos CA Criterios de avaliación (CA)  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación

Unidade didáctica (PROENS)

% (Orientación de PROENS)
CA1.5 Identificar os principais problemas, retos e desafíos aos que se enfrontou a humanidade ao longo da historia, os cambios producidos, as súas causas e consecuencias, así como os que, na actualidade, debemos formular e resolver arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
  • Identifica as causas do esborrallamento do Imperio Romano

PE (en PROENS)

11 70
CA2.4 Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos da época antiga, valorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia.
  • Identifica as pegadas do Reino Suevo
CA1.1 Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de informacións relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
  • Elabora unha liña temporal

TI do REA

11 30
CA1.3 Incorporar e utilizar adecuadamente termos, conceptos e acontecementos relacionados coa xeografía, a historia e outras disciplinas das ciencias sociais, a través de intervencións orais, textos escritos e outros produtos, mostrando formulacións orixinais e propostas creativas.
  • Responde preguntas sobre fontes históricas directas
CA3.5 Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos.
  • Analiza criticamente o concepto de bárbaro
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores 

Actividades e instrumentos empregados no REA

Na seguinte táboa concrétanse as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, indicando en cada caso o instrumento de avaliación considerado.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.5 - Identificar os principais problemas, retos e desafíos aos que se enfrontou a humanidade ao longo da historia, os cambios producidos, as súas causas e consecuencias, así como os que, na actualidade, debemos formular e resolver arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
  • Reto final
  • Tarefa: Redacta (Sección 1)
  • Actividade: Repaso (Sección 3.3)
  • Actividade: Sopa de letras (Sección 3.4)
  • Retroalimentación
  • Reto final (rúbrica)
CA2.4 - Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos da época antiga, valorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia.
  • Reto final
  • Actividade: Repaso (Sección 3.3)
  • Actividade: Sopa de letras (Sección 3.4)
  • Retroalimentación
  • Reto final (rúbrica)
CA1.1 - Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de información relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
  • Actividade: Liña do tempo (Sección 2)
  • Retroalimentación
  • Reto final (rúbrica)
CA1.3 - Incorporar e utilizar adecuadamente termos, conceptos e acontecementos relacionados coa xeografía, a historia e outras disciplinas das ciencias sociais, a través de intervencións orais, textos escritos e outros produtos, mostrando formulacións orixinais e propostas creativas.
  • Reto final
  • Actividade: En busca das palabras perdidas (Sección 3.2)
  • Actividade: Sopa de letras (Sección 3.4)
  • Retroalimentación
  • Reto final (rúbrica)
CA3.5 - Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos.
  • Actividade: En busca das palabras perdidas (Sección 3.2)
  • Tarefa: Traballamos coas fontes: Tácito (Sección 3.2)
  • Retroalimentación

Feito con eXeLearning (Nova xanela)