Gallaecia 2.0: do Imperio Romano ao Reino Suevo
O presente REA (Recuso Educativo Aberto) vai dirixido ao alumnado da asignatura de Xeografía e Historia de 1º da ESO. Os contidos do REA abordan o estudo dos pobos bárbaros e as súas relacións co mundo romano, así como as principais manifestacións artísticas da Antigüidade, permitindo ao alumnado comprender os cambios históricos e culturais deste período e o seu legado na sociedade actual. Para lograr os obxectivos e acadar as competencias necesarias, o REA formula un reto no que o alumnado deberá empregar todos os coñecementos adquiridos durante as fases anteriores do recurso. Así, a través dos textos contidos no REA, o alumnado aprenderá a interpretar unha liña do tempo, a comprender como se estruturaban as sociedades nas primeiras civilizacións da Antigüidade, o papel da muller nestas sociedades e a pegada cultural e artística que tiveron no seu momento.
Ademais, o REA está pensado para traballar de xeito transversal a sostibilidade e os ODS da Axenda 2030, en concreto o número 4 (Educación de calidade), o número 16 (Paz, xustiza e institucións sólidas), e o número 17 (Alianzas para acadar obxectivos)