Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Xeografía e Historia en 1º da ESO. O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens versión 1 publicada na plataforma dende 2022 ata xuño de 2024, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta e garantir a coherencia coa planificación curricular.

A proposta de REA de cREAgal organiza as unidades didácticas, ou partes delas, en diversos recursos, creando unha secuencia coherente ao longo do curso. A planificación completa contempla un total de oito REA.

No caso da UD 4, esta divídese en dúas partes que se desenvolven en dous REA distintos, ambos situados no primeiro trimestre, polo que o reparto é axeitado e mantén a coherencia temporal prevista.

O REA 3 integra as UD 3 e 5, programadas na proposta Proens no primeiro e segundo trimestre respectivamente. A súa realización coincidirá co cambio de trimestre, polo que a distribución é viable e encaixa dentro da secuencia global do curso. 

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Camiñamos, aprendemos e non nos perdemos" UD1 O planeta Terra e a súa representación
UD4 Os medios naturais (primeira parte)
CA1.3, CA1.6, CA1.7, CA2.1, CA3.3 12,5% 1º trimestre
REA 2: "Sol, auga e plantas" UD2 Climas da Terra
UD4 Os medios naturais (segunda parte)
CA1.3, CA1.7, CA2.1, CA3.3 12,5% 1º trimestre
REA 3: "Un planeta en apuros" UD3 Emerxencia climática
UD5 O impacto humano sobre o medio natural
CA1.2, CA1.4, CA1.5, CA1.8, CA2.3, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.8 10% 1º e 2º trimestre
REA 4: "Expoñendo a prehistoria" UD6 As sociedades prehistóricas CA1.1, CA2.2, CA2.3, CA2.5, CA2.6 10% 2 trimestre
REA 5: "Na procura das civilizacións perdidas" UD7 A Antigüidadade en Asia e África
UD8 A civilización Exipcia
CA1.1, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA3.5, CA3.7 20% 2º trimestre
REA 6: "Roubo no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas" UD9 A Hélade CA1.1, CA1.8, CA2.2, CA2.7, CA2.8, CA3.6 10% 3º trimestre
REA 7: "Que fixeron os romanos por nós?" UD10 Roma
UD12 As expresións artísticas na Antigüidade
CA1.1, CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA2.7, CA2.8, CA3.4, CA3.7 15% 3º trimestre
REA 8: "Gallaecia 2.0: do Imperio Romano ao Reino Suevo" UD11 Os pobos bárbaros CA1.1, CA1.3, CA1.5, CA2.4, CA3.5 10% 3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica artéllase a través dos seguintes eixes:

  • Traballo colaborativo e individual para acadar unha reflexión e coñecemento profundo sobre os contidos.
  • Impulsar o coñecemento e conciencia sobre a necesidade dun mundo sustentable a través do traballo cos ODS da Axenda 2030.
  • Partir do local para o coñecemento global e a identificación do alumnado cos contidos estudados.
  • Concienciar sobre o papel da muller ao longo da Historia e a necesidade dunha sociedade xusta e igualitaria.

O REA está pensado para traballar de xeito transversal a sostibilidade e os ODS da Axenda 2030, en concreto o número 4 (Educación de calidade), o número 16 (Paz, xustiza e institucións sólidas), e o número 17 (Alianzas para acadar obxectivos).

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA está baseado na programación didáctica que PROENS propón para a materia de Xeografía e Historia de 1º de E.S.O.

O material recolle contidos dos tres bloques, en concreto os da unidade 11: Os pobos bárbaros.

Contidos Bloque da materia
  • Tecnoloxías da información. Manexo e utilización de dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais. Procura, tratamento da información e elaboración de coñecemento. 
Bloque 1
  • Violencia e conflitos armados. O crecemento dos exércitos e a evolución do armamento desde os hoplitas. Os civís durante as guerras.
  • Complexidade social e nacemento da autoridade. Desigualdade social e disputa polo poder na Prehistoria e a Antigüidade. O caso galego desde a sociedade castrexa ao reino suevo.
  • As persoas invisibilizadas da historia: mulleres, escravos e estranxeiros. Marxinación, segregación, control e submisión na historia da humanidade. Personaxes femininos na historia. A resistencia á opresión.
  • As raíces clásicas da cultura occidental. A construción das identidades culturais, da idea de Europa, e do eurocentrismo, a través do pensamento e da arte. A influencia das civilizacións xudía e islámica na cultura europea.
  • A transformación humana do territorio e a distribución desigual dos recursos e do traballo. Evolución dos sistemas económicos, dos ciclos demográficos, dos modos de vida e dos modelos de organización social. A loita pola supervivencia e o status social na Prehistoria e na Antigüidade.
  • España e Galicia no tempo e a súa conexión cos grandes procesos da historia da humanidade. O legado histórico e o acervo cultural na formación das identidades colectivas.
Bloque 2
  • Alteridade: respecto e aceptación «do outro». Comportamentos non discriminatorios e contrarios a calquera actitude diferenciadora e segregadora.
Bloque 3

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA

Obxectivos Descrición
OBX1 Buscar, seleccionar, tratar e organizar información sobre temas relevantes do presente e do pasado, usando criticamente fontes históricas e xeográficas, para adquirir coñecementos, elaborar e expresar contidos en varios formatos.
OBX2 Indagar, argumentar e elaborar produtos propios sobre problemas xeográficos, históricos e sociais que resulten relevantes na actualidade, desde o local ao global, para desenvolver un pensamento crítico, respectuoso coas diferenzas, que contribúa á construción da propia identidade e a enriquecer o acervo común.
OBX3 Coñecer os principais desafíos aos que se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas aos que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sustentable.
OBX6 Comprender os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a realidade multicultural na que vivimos, coñecendo e difundindo a historia e a cultura das minorías étnicas presentes no noso país, e valorando a achega dos movementos en defensa da igualdade e a inclusión, para reducir estereotipos, evitar calquera tipo de discriminación e violencia, e recoñecer a riqueza da diversidade.

Competencias clave e os descritores operativos traballados

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia Plurilingüe (CP)
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)  STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA3
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3, CCL5
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE1, CE3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)