Temporalización do REA
Esta unidade está pensada para realizar en 8 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Xeografía e Historia" de 1º de ESO, englóbase no terceiro trimestre.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Para que? | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. Un momento de grandes cambios |
|
Sesión de motivación e presentación da tarefa. |
1 sesión |
|
2. Repasando o que xa sabemos |
|
Sesión de repaso de coñecementos previos. |
|
|
3. Os pobos xermánicos e a caída do Imperio Romano. |
3.1 Caída do Imperio romano e situación xeográfica dos pobos xermánicos.
3.2 Concepto de "bárbaro"
3.3 A Península Ibérica nos séculos IV-V
3.4 Os inicios da Idade Media: o Reino Suevo de Galicia
|
Sesións adicadas a ensinanza e asimilación dos contidos. Búscase que o alumnado participe de xeito activo no proceso de ensino-aprendizaxe e a reflexión consciente, especialmente para relacionar os contidos partindo dunha visión local ata o global. Inclúe actividades interactivas multinivel deseñadas para facilitar a comprensión dos contidos introducidos e preparar o alumnado para a resolución do reto formulado na situación de aprendizaxe. |
4 sesións |
|
4. A polo reto! |
Reto final |
Sesións adicadas á realización do reto final na modalidade que escolla o alumnado. Preténdese que este reto sexa unha plasmación de todo o aprendido durante a unidade e que o alumnado sexa capaz de sintetizar de xeito coherente, claro e eficaz os coñecementos adquiridos. |
2 sesións |
|
5. Conclusión |
Sesión de reflexión e autoavaliación do proceso de ensino-aprendizaxe. |
1 sesión |