Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Xeografía e Historia en 1º da ESO. O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens versión 1 publicada na plataforma dende 2022 ata xuño de 2024, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta e garantir a coherencia coa planificación curricular.

A proposta de REA de cREAgal organiza as unidades didácticas, ou partes delas, en diversos recursos, creando unha secuencia coherente ao longo do curso. A planificación completa contempla un total de oito REA.

No caso da UD 4, esta divídese en dúas partes que se desenvolven en dous REA distintos, ambos situados no primeiro trimestre, polo que o reparto é axeitado e mantén a coherencia temporal prevista.

O REA 3 integra as UD 3 e 5, programadas na proposta Proens no primeiro e segundo trimestre respectivamente. A súa realización coincidirá co cambio de trimestre, polo que a distribución é viable e encaixa dentro da secuencia global do curso. 

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Camiñamos, aprendemos e non nos perdemos" UD1 O planeta Terra e a súa representación
UD4 Os medios naturais (primeira parte)
CA1.3, CA1.6, CA1.7, CA2.1, CA3.3 12,5% 1º trimestre
REA 2: "Sol, auga e plantas" UD2 Climas da Terra
UD4 Os medios naturais (segunda parte)
CA1.3, CA1.7, CA2.1, CA3.3 12,5% 1º trimestre
REA 3: "Un planeta en apuros" UD3 Emerxencia climática
UD5 O impacto humano sobre o medio natural
CA1.2, CA1.4, CA1.5, CA1.8, CA2.3, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.8 10% 1º e 2º trimestre
REA 4: "Expoñendo a prehistoria" UD6 As sociedades prehistóricas CA1.1, CA2.2, CA2.3, CA2.5, CA2.6 10% 2 trimestre
REA 5: "Na procura das civilizacións perdidas" UD7 A Antigüidadade en Asia e África
UD8 A civilización Exipcia
CA1.1, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA3.5, CA3.7 20% 2º trimestre
REA 6: "Roubo no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas" UD9 A Hélade CA1.1, CA1.8, CA2.2, CA2.7, CA2.8, CA3.6 10% 3º trimestre
REA 7: "Que fixeron os romanos por nós?" UD10 Roma
UD12 As expresións artísticas na Antigüidade
CA1.1, CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA2.7, CA2.8, CA3.4, CA3.7 15% 3º trimestre
REA 8: "Gallaecia 2.0: do Imperio Romano ao Reino Suevo" UD11 Os pobos bárbaros CA1.1, CA1.3, CA1.5, CA2.4, CA3.5 10% 3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Analízanse o clima, o cambio climático e a biodiversidade desde unha perspectiva integradora e holística, ligando a súa visión académica co enfoque ecolóxico e ambiental que desembocou na persecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e ao desenvolvemento da conciencia ambiental.

Ademais de contribuír así aos obxectivos 3, 7 e 13 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible -ODS 2030-.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA serve para traballar as unidades 3 e 5 da proposta de programación didáctica

Contidos Bloque da materia
  • Emerxencia climática: elementos e factores que condicionan o clima e o impacto das actividades humanas. Métodos de recollida de datos meteorolóxicos e interpretación de gráficos. Riscos e catástrofes climáticas no presente, no pasado e no futuro. Vulnerabilidade, prevención e resiliencia da poboación ante as catástrofes naturais e os efectos do cambio climático.
  • Biodiversidade. Dinámicas e ameazas dos ecosistemas planetarios. Formas e procesos de modificación da superficie terrestre. A influencia humana na alteración dos ecosistemas no pasado e na actualidade. Conservación e mellora da contorna local e global. Riqueza e valor patrimonial de España e Galicia.
  • Tecnoloxías da información. Manexo e utilización de dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais. Procura, tratamento da información e elaboración de coñecemento. Uso seguro das redes de comunicación. Lectura crítica de información.
  • Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. A visión dos dilemas do mundo actual, punto de partida para o pensamento crítico e o desenvolvemento de xuízos propios.

Bloque 1
  • Métodos básicos de investigación para a construción do coñecemento da xeografía e da historia. Metodoloxías do pensamento xeográfico e do pensamento histórico
Bloque 2
  • Conciencia ambiental. Respecto, protección e coidado dos seres vivos e do planeta
Bloque 3

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA

Obxectivos Descrición
OBX 2
Indagar, argumentar e elaborar produtos propios sobre problemas xeográficos, históricos e sociais que resulten relevantes na actualidade, desde o local ao global, para desenvolver un pensamento crítico, respectuoso coas diferenzas, que contribúa á construción da propia identidade e a enriquecer o acervo común.
OBX 3
Coñecer os principais desafíos aos cales se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas a que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sustentable.
OBX 4
Identificar e analizar os elementos da paisaxe e a súa articulación en sistemas complexos naturais, rurais e urbanos, así como a súa evolución no tempo, interpretando as causas das transformacións e valorando o grao de equilibrio existente nos distintos ecosistemas, para promover a súa conservación, mellora e uso sustentable.
OBX 8
Tomar conciencia do papel dos ciclos demográficos, o ciclo vital, as formas de vida e as relacións interxeracionais e de dependencia na sociedade actual e a súa evolución ao longo do tempo, analizándoas de forma crítica, para promover alternativas saudables, sustentables, enriquecedoras e respectuosas coa dignidade humana e o compromiso coa sociedade e a contorna.
OBX 9
Coñecer e valorar a importancia da seguridade integral cidadá na cultura de convivencia nacional e internacional, recoñecendo a contribución do Estado, as súas institucións e outras entidades sociais á cidadanía global, á paz, á cooperación internacional e ao desenvolvemento sustentable, para promover a consecución dun mundo máis seguro, solidario, sustentable e xusto.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM 3, STEM 4, STEM 5
Competencia dixital (CD) CD2, CD4
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA2, CPSAA3, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE1, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)