Un Planeta en apuros!
Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) deseñado co fin de introducir aos estudantes no impacto humano sobre o Medio Natural e a Emerxencia Climática. Na situación de aprendizaxe o alumnado terá que expor unha situación real de transporte dende o fogar ao seu centro educativo e calcular a pegada de carbono dos distintos medios empregados tirando conclusións sobre iso.
Estudaremos os riscos naturais, a destrución dos ecosistemas, os recursos naturais e as paisaxes protexidas con actividades que nos axuden a comprender e solucionar o reto final.
As metas de aprendizaxe son:
- Coñecer os principais retos que enfronta a Humanidade ante a degradación do medio ambiente
- Saber calcular as consecuencias dos nosos propios hábitos, concretamente no transporte.