Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este recurso está pensado para realizar en 18 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS  para a materia de "Xeografía e Historia" de 1º de ESO,  englóbase no primeiro trimestre coas unidades 3 e 5.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Para que? Temporalización

1. Un planeta en apuros

(Mobilizar)

1 "Un planeta en apuros

Sesión de motivación e presentación da tarefa.

Introdución á contaminación.

1 sesión

2. Que sabemos?

(Activar e recordar)

2. Que sabemos? Sesión de revisión e activación de coñecementos previos 2 sesión
3. Conexión (Explorar, revisar e estruturar) 3 "Conexión"

Sesións con actividades informativas e interactivas sobre os riscos naturais e humanos. Están deseñadas para crear interese no alumnado dende a perspectiva do "aprender pensando". O alumnado é o protagonista nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Inclúe actividades interactivas multinivel e opcións. Están deseñadas para a reflexión metacognitiva do alumnado a través de procedementos dedutivos do pensamento.

7 sesións

4 Reto final

(aplicar e comprobar)

4. "Reto final"

Calcular a pegada de carbono do transporte ao instituto.

Sesións dirixidas á realización dos retos propostos, que son actividades de calculo e reflexión con novos contextos de aprendizaxe 7 sesións

5 Conclusións

(Concluír e comunicar)

5 "Conclusións"

Sesión vinculada á síntese dos resultados obtidos nos retos da fase 5. auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos compañeiros/as. 1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)