Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

Dentro do proxecto CREAgal partimos dunha metodoloxía baseada na aprendizaxe por competencias e activa, que o profesorado de 1º ESO poderá adaptar ao centro e alumnado para o que se utilice este REA (Recurso Educativo Aberto) que ten como punto de partida a PD modelo de Proens pero establecendo o seguinte reto: 

Calcular a pegada de carbono do alumnado do profesor Paco, que será o noso guía nesta aprendizaxe. Tamén, o alumnado, deberá valorar alternativas, aplicar o pensamento crítico coas medidas medioambientais e coas políticas levadas a cabo na nosa contorna. Por último, deberán explicar e concretar como afectarán as medidas de reducións de emisións á mobilidade e accesibilidade urbana das cidades galegas.

No fondo, toca Facer ao alumnado protagonista da súa propia aprendizaxe (CPSAA): a través do reto e das actividades planificadas nas diferentes fases do mesmo. Actividades individuais, en grupo, e con diferentes graos de dificultade adaptándonos aos diferentes ritmos de aprendizaxe e á diversidade existentes na aula (DUA), contribuíndo ao logro do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS 4).

Un reto deseñado a partir dunha situación posible en calquera centro educativo: saber como contaminamos as nosas cidades e as súas consecuencias. Como cremos que os alumnos e alumnas aprenden mellor cando teñen un papel protagonista no proceso de aprendizaxe, este REA está confeccionado seguindo unha metodoloxía activa e participativa, baseada nos seguintes aspectos:

· Primarase a flexibilidade e para tal finalidade proporanse actividades multinivel, cun enfoque metodolóxico personalizado.

· O alumnado será parte activa no proceso de ensino-aprendizaxe e convertirase no auténtico centro do mesmo.

· Fomentarase polo tanto a autonomía dos estudantes e a súa capacidade de auto-aprendizaxe (aprender a aprender).

· A aprendizaxe será:

- significativa pois a estrutura dos coñecementos previos condiciona os novos.

- primordialmente práctica e estará baseada na resolución de problemas (retos).

- funcional, con aplicación a situacións reais e conectadas coa contorna do alumnado.

· Os contidos traballaranse dun xeito operativo, práctico e comprensible, contextualizados na situación de aprendizaxe proposta.

· Favorecerase a adquisición de coñecementos relacionados entre si, abordados cun enfoque multicausal e favorecendo as estratexias interdisciplinares.

· Traballarase tanto de maneira individual como colectiva, promovendo a reflexión persoal por un lado e as dinámicas grupais de intercambio de ideas e aprendizaxe colaborativo polo outro.

· Terase en conta en todo momento unha perspectiva coeducativa, na que as nenas estean nun plano de igualdade cos nenos, especialmente nas dinámicas de participación grupal.

· Fomentarase o emprego das TIC no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

· Empregaranse estratexias para traballar transversalmente os aspectos máis variados, dende a comprensión lectora ata a competencia dixital.

· Todo o proceso contará cunha retroalimentación e avaliación permanente.

· Respectaranse os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado (DUA).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)