Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA está pensado para desenvolver en 16 sesións a traballar durante o terceiro trimestre.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso.

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. El tiempo en datos

1.1. De los datos al mapa

Sesión de motivación e presentación da tarefa. Introdución á situación de aprendizaxe e ao reto.

Primeira reflexión metacognitiva no diario de aprendizaxe.

1 sesión

2. Quiero ser analista

2.1. A lo mejor llueve...

2.2. Uno de cada...

2.3. Empieza la observación

Sesión de revisión e activación de coñecementos previos sobre contidos e cálculos necesarios para a fase 3.

Inclúe actividades interactivas multinivel con tres opcións para que o alumnado escolla unha delas para realizar. 

Contén unha tarefa de grupo como toma de contacto coa clasificación de datos.

Segunda reflexión metacognitiva no diario de aprendizaxe.

3 sesións

3. Lluvia de datos

3.1. Datos al vuelo

Periodistas de datos

3.2. Resumiendo datos

Usa los datos

3.3. Representación gráfica de datos

3.4. Al mal tiempo...

Proposta con seccións teóricas e actividades interactivas e non interactivas sobre os contidos propios da unidade.

Están deseñadas para crear interese no alumnado dada a relación existente entre elas e o tempo atmosférico arredor do que xira a situación de aprendizaxe.

Inclúe actividades interactivas multinivel con tres opcións para que o alumnado escolla unha delas para realizar.

Contén unha tarefa de grupo que prepara para o reto.

Terceira reflexión metacognitiva no diario de aprendizaxe.

8 sesións

4. Buenos datos

4.1. Autoevalúate

Esta fase está dirixida á realización dos reto proposto.

Autoavaliación das actividades desenvolvidas para acadar o reto.

Cuarta reflexión metagognitiva no diario de aprendizaxe.

3 Sesións

5. Buenos tiempos

5. Buenos tiempos

Sesión vinculada á síntese dos resultados obtidos no reto.

Auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados ao resto da clase.

Inclúese a última reflexión metacognitiva final a engadir no diario de aprendizaxe

1 Sesións

Feito con eXeLearning (Nova xanela)