Saltar navegación

1. Descrición xeral

Al mal tiempo... buenos datos

Este é un Recurso Educativo Aberto (REA) deseñado co fin de achegar ao alumnado de 5º de Educación Primaria ao estudo da Estatística e a Probabilidade, titulado "Al mal tiempo... buenos datos". O obxectivo é que o alumnado integre parte dos bloques do sentido numérico (1), sentido alxébrico e pensamento computacional (4), sentido estocástico (5) e socioafectivo (6) tomando como fío condutor os datos meteorolóxicos e a súa importancia na observación e predición do tempo.

Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado deberá comezar observando como se usan os datos para crear prognósticos en "El tiempo en datos". Logo presentase como reto a elaboración, en equipo, dun estudo estatístico de datos de temperatura dun lugar de Galicia, e a presentación deste ao resto da clase., culminando en "Buenos datos".

O proceso desenvólvese explorando dúas áreas principais. A Probabilidade traballase en "Quiero ser analista" onde se introduce o concepto de probabilidade e de fracción como proporción, iniciando a observación de datos. Na seguinte etapa "Lluvia de datos", desenvólvese a Estatística onde o alumnado aprende a recompilar datos de forma efectiva, a resumilos e a usar a representación gráfica de datos para visualizalos e sacar conclusións.

Ao longo deste proceso traballaranse conceptos de probabilidade, frecuencia, medidas de centralización (media, moda, mediana) e representación gráfica, que logo aplicarán para analizar fenómenos reais. Adquiren tamén coñecementos, destrezas e habilidades necesarias para introducirse no pensamento estatístico e a elaboración de informes baseados en datos.

As metas de aprendizaxe que se pretenden acadar son:

  • Comprender conceptos básicos de estatística e probabilidade aplicados ao tempo.
  • Diferenciar entre datos observados e predicións.
  • Obter información meteorolóxica de fontes fiables, interpretala e analizala.
  • Crear e interpretas táboas e gráficos relacionados con esta información.
  • Traballar en equipo respectando as emocións, fomentando o benestar persoal, creando relacións saudables para obter un produto final creativo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)