Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é un dos 8 que cobren integramente o currículo da materia de Matemáticas de 5º de EP.

A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 2 do 01/07/2024).

As 9 unidades didácticas deste modelo foron redistribuídas segundo a táboa que está a continuación.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "¿Cuánto cuesta una casa?" 1. Canto custa unha casa? CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.9, CA6.4. 12 % 20 sesións do 1º trimestre
REA 2: "Enredando por el mercado" 2. Enredando no mercado CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA1.9, CA4.3, CA4.4, CA4.8, CA6.3, CA6.6. 12 % 20 sesións do 1º trimestre
REA 3: "La gran aventura decimal" 3. A gran aventura decimal. Programando unha excursión CA1.1, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA6.1, CA6.8. 12 % 14 sesións do 1º trimestre
REA 4: "Un viaje matemático por el reino animal"

4. Unha viaxe matemática polo mundo animal.

5. Descifrando os animais

CA1.2, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.9, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA2.8,

CA3.2, CA3.4, CA3.8 (*adiados ao REA 7)

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.7, CA4.9, CA6.2, CA6.3, CA6.6.

12 %

12 %

14 sesións do 2º trimestre

12 sesións do 2º trimestre

REA 5: "A la caza de figuras geométricas" 6. Á caza das figuras xeométricas

CA1.1, CA1.2, CA1.9, CA2.1, CA2.3, CA2.6, CA3.1, CA3.3, CA3.5, CA4.8, CA6.4, CA6.5, CA6.7.

10 % 15 sesións do 2º trimestre
REA 6: "A vista de pájaro" 7. A vista de paxaro

CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA1.8, CA2.5, CA2.7, CA2.8, CA3.4, CA3.5, CA3.8, CA4.3, CA4.6, CA4.9.

10 % 16 sesións do 3º trimestre
REA 7: "Tengo una idea..." 8. Teño unha idea

CA1.1, CA1.5, CA1.9, CA2.7, CA3.2, CA3.3, CA3.6, CA3.7, CA3.4, CA3.8 (**)

CA4.1, CA4.4, CA6.3, CA6.4, CA6.5.

10 % 13 sesións do 3º trimestre
REA 8: "Al mal tiempo... buenos datos" 9. A mal tempo... bos datos! CA1.3, CA4.5, CA4.7, CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.6. 10 % 16 sesións do 3º trimestre

 (*) Os CA correspondentes ao bloque 3 adíanse do REA 4 ao REA 7, polo que é preciso facer unha modificación destas porcentaxes, segundo estime o docente na súa programación, por exemplo, facendo un reparto proporcional nos demais CA.

 (**) CA3.4, CA3.8 Foron eliminados do REA 4 e engadidos ao REA 7, polo que é preciso facer unha modificación destas porcentaxes, segundo estime o docente na súa programación, por exemplo, facendo un reparto proporcional nos demais CA.

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica fundaméntase nos eixes da materia "Matemáticas" de 5º de EP. Os contidos traballados están axustados aos que se indican na seguinte táboa.

Tendo en conta que, o alumnado apenas ten coñecementos previos sobre estatística e probabilidade, faise unha introdución básica, na que non están os gráficos de sectores nin de liñas, o rango e a mediana, nin os tipos de sucesos, todos eles contidos de 6º de primaria.

Por outra banda, non se trata nesta situación de aprendizaxe o histograma, dado que é un gráfico que se emprega para datos agrupados, contido que excede os cursos de primaria, pero si se fai unha introdución á frecuencia relativa, como cantidade de resultados dun total destes, xa que é necesaria para comprender a tendencia desta razón ao facer un estudo estatístico dos resultados obtidos nun experimento aleatorio cara a probabilidade.

É importante salientar que a estatística e a probabilidade van moito mais aló dos cálculos. O obxectivo de calquera actividade non debe ser a mera práctica rutineira, senón a comprensión do significado de variable, dato, reconto, organización de datos en táboas e o seu resumo, así como da diferenza entre observación e predición e, polo tanto, entre un dato e un suceso.

Por iso, neste REA, a maior parte das actividades están enfocadas a que o alumnado visualice na web de MeteoGalicia datos de variables atmosféricas na parte de observación, e os diferencie dos posibles sucesos que están na parte de predición.

Ademais, está vinculado ao ODS "Medidas climáticas: adoptar medidas de carácter urxente que sirvan para combater o cambio climático e as súas consecuencias"; dado que salienta os valores extremos de temperatura acadados nas últimas vagas de calor, poñendo como exemplo os da cidade de Ourense no mes de agosto de 2025.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Matemáticas" de 5º de EP, correspóndese á unidade didáctica 9.

Máis concretamente, trabállanse os seguintes contidos.

Contidos Bloque da materia
  • C1.3 - Sentido das operacións
    • C1.3.4 - Resolución de problemas contextualizados con operacións aritméticas combinadas (con números naturais, decimais e fraccións) con atención á súa xerarquía, aplicando as súas propiedades, as estratexias con flexibilidade e sentido e os procedementos de cálculo mental, estimacións, algoritmos ou calculadora que se precisen segundo a natureza do cálculo e a súa complexidade.
Bloque 1. Sentido numérico
  • C4.1 - Patróns
    • C4.1.1 - Estratexias para a identificación, descrición verbal, representación en táboas e gráficos, notacións inventadas, predición razoada e creación de termos a partir das regularidades nunha colección de números, figuras ou imaxes, con anticipación ou extensión da secuencia.
  • C4.2 - Modelo matemático
    • C4.2.1 - Resolución de problemas da vida cotiá seguindo un modelo matemático con representacións con debuxos, esquemas, diagramas, manipulables, dramatizacións, guión de preguntas para a interpretación do enunciado, recoñecemento de datos útiles, elaboración e contraste de hipótese, procura do plan de acción, perseveranza na solución, simbolización e realización dos cálculos, comprobación de solucións, expresión clara e correcta do resultado, revisión da súa idoneidade, rectificación se é necesaria e explicación do realizado.
Bloque 4. Sentido alxébrico e computacional
  • C5.1 - Organización e análise de datos
    • C5.1.1 - Identificación de datos cuantitativos e cualitativos da contorna próxima que podemos rexistrar e cuantificar.
    • C5.1.2 - Extracción, interpretación e explicación de información a través da lectura, descrición e análise crítico de gráficos estatísticos con pictogramas, diagramas de barras ou histogramas e de táboas de frecuencias absolutas; uso desa información na resolución de problemas.
    • C5.1.3 - Formulación en equipo de problemas relacionados co contexto próximo nos que interveña a lectura, interpretación ou representación de gráficas e táboas de datos.
    • C5.1.4 - Estratexias para a realización dun estudo estatístico sinxelo: formulación de preguntas, e recollida, rexistro e organización de datos cualitativos e cuantitativos procedentes de diferentes experimentos (enquisas, medicións, observacións) de maneira individual ou en equipo para aplicar en situacións contextualizadas.
    • C5.1.5 - Representación de datos en gráficas sinxelas (diagrama de barras e histograma), con emprego de recursos tradicionais e tecnolóxicos e elección do máis adecuado á situación.
    • C5.1.6 - Interpretación, cálculo e aplicación da media e da moda en resolución de problemas en contextos cotiáns.
    • C5.1.7 - Organización de información estatística sinxela e elaboración de diferentes visualizacións dos datos con uso da calculadora e outros recursos dixitais, como a folla de cálculo.
    • C5.1.8 - Relación e comparación de dous conxuntos de datos a partir da súa representación gráfica: formulación de conxecturas, análises da dispersión, obtención de conclusións e exposición destas.
  • C5.2 - Incerteza
    • C5.2.1 - Identificación da incerteza en situacións da vida cotiá a través da cuantificación e estimación subxectiva e mediante a comprobación da estabilización das frecuencias relativas en experimentos aleatorios repetitivos baseados en xogos de cartas, dados, moedas.
    • C5.2.2 - Investigación sobre a contribución de homes e mulleres ao desenvolvemento da probabilidade e da estatística e destas ao desenvolvemento humano.
  • C5.3 - Inferencia
    • C5.3.1 - Coñecemento da necesidade de mostras cando a poboación é moi grande, procura de exemplos de estudos con mostras no contexto cotián.
Bloque 5. Sentido estocástico
  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
    • C6.1.5 - Realización de investigacións matemáticas individuais ou en equipo para fomentar a curiosidade, o interese, o pensamento autónomo e crítico e a iniciativa na súa aprendizaxe.
    • C6.1.8 - Estratexias persoais para a presentación limpa, clara e ordenada do traballo matemático que permita revisar, adaptar ou cambiar o sistema utilizado, rectificar o proceso ou algunha das súas fases e compartir comprensiblemente o realizado.
  • C6.2 - Traballo en equipo, inclusión, respecto e diversidade
    • C6.2.3 - Estratexias de planificación, control e organización do traballo en equipo para xestionar o tempo, a realización de tarefas, o establecemento de obxectivos de equipo, a repartición equitativa e rotatoria de roles en interacción simultánea, a avaliación do funcionamento do equipo e a xestión de conflitos.
Bloque 6. Sentido socioemocional

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Interpretar situacións da vida cotiá proporcionando unha representación matemática destas mediante conceptos, ferramentas e estratexias, para analizar a información máis relevante.
OBX 2 Resolver situacións problematizadas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto exposto.
OBX 3 Explorar, formular e comprobar conxecturas sinxelas ou formular problemas de tipo matemático en situacións baseadas na vida cotiá, de forma guiada, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación,para contrastar a súa validez, adquirir e integrar novo coñecemento.
OBX 4 Utilizar o pensamento computacional, organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, xeneralizando e interpretando, modificando e creando algoritmos de forma guiada, para modelizar e automatizar situacións da vida cotiá.
OBX 6 Comunicar e representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos e resultados matemáticos, utilizando a linguaxe oral, escrita, gráfica, multimodal e a terminoloxía matemática apropiadas, para dar significado e permanencia ás ideas matemáticas.
OBX 7 Desenvolver destrezas persoais que axuden a identificar e xestionar emocións ao enfrontarse a retos matemáticos, fomentando a confianza nas propias posibilidades, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ás situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza e gozar na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 8 Desenvolver destrezas sociais, recoñecendo e respectando as emocións, as experiencias das e dos demais e o valor da diversidade, participando activamente en equipos de traballo heteroxéneos, mixtos e diversos con roles asignados, para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e crear relacións saudables.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL). 1-3-5
Competencia plurilingüe (CP) 3
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) 1-2-3-4-5
Competencia dixital (CD) 1-2-3-5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) 1-3-4-5
Competencia cidadá (CC) 2-3
Competencia emprendedora (CE) 1-2-3
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) 4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)