Saltar navegación

3. Guía de uso

Introducindo o REA "Ei, saio na tele!"

O REA "Ei, saio na tele!" ten como finalidade o desenvolvemento da competencia lingüística en lingua galega partindo da experiencia do alumnado cos medios de comunicación.

As diferentes fases do REA están pensadas para achegar a información e as estratexias que se van precisar para acadar os retos propostos e están pensadas tendo en conta o DUA para desta maneira chegar á totalidade do alumnado, independentemente das súas características.

Pretende aproveitar os coñecementos e a motivación que o traballo sobre o ámbito vital máis próximo nos pode achegar. Deberemos deixar liberdade ao alumnado para que escollan as noticias que queren comunicar ou os temas sobre os que lles gustaría debater.

Partimos dunha situación que empregue a tecnoloxía non como un fin en si mesmo senón como un apoio e un complemento que en moitos casos será imprescindible e en outros unha opción máis. Buscamos aproveitar os recursos que xa hai nos centros e partimos sempre de equipamento Abalar/eDixgal.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)