Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Lembramos que os criterios de avaliación que aquí se amosan son os que conteñen as unidades didácticas 8 e 9 de PROENS. Pode haber criterios de avaliación (CA) que aparezan máis dunha vez debido a que poden ter mínimos de consecución variados e tamén un peso orientativo que, neste caso, corresponde co establecido nas programacións de PROENS.

Unidade didáctica

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación

Unidad didáctica (Proens)

% (Orientación de Proens)
8 CA2.7 - Rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e a discriminación polo uso da lingua galega, e os abusos de poder a través da palabra identificados
mediante a reflexión grupal acompañada sobre distintos aspectos, verbais e non verbais, que rexen a comunicación, tendo en conta unha perspectiva de xénero.
Recoñece elementos de linguaxe
discriminatoria nun texto escrito nun xornal redactándoo de maneira alternativa.
PE 8 10
CA3.7 - Elaborar textos escritos e multimodais coherentes, en distintos soportes, integrando recursos gráficos ou paratextuais que faciliten a comprensión do sentido global e da información relevante. Redacta empregando un procesador de textos o resumo dun debate, expresando as opinións enfrontadas e a conclusión final. PE 8 10
CA3.10 - Construír, a través da linguaxe, un pensamento crítico para evitar discriminacións e prexuízos. Redacta un texto no que presenta un problema social, expresando a súa propia opinión e amosando respecto pola diversidade. PE 8 10
CA6.5 - Mellorar os textos propios e alleos na súa comprensión mediante o uso autónomo de dicionarios impresos ou dixitais. Reelabora para facer máis comprensible e con axuda do dicionario, textos propostos extraídos de informacións de carácter técnico. PE 8 10
CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta aspectos diferenciais co castelán, para favorecer
unha comunicación máis eficaz.
Corrixe textos breves para evitar unha linguaxe discriminatoria desde a perspectiva de xénero e empregando unha correcta ortografía. PE 8 10
CA2.2 - Utilizar de xeito efectivo a linguaxe oral: escoitar con atención, recoller datos, preguntar, repreguntar, interpretar e un vocabulario adecuado
ao nivel.
Escoita as opinións do resto de persoas no debate, argumentando a súa propia opinión en función daquelas. TI 8 10
CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional, respectando o uso simultáneo das dúas linguas propias, de ser o caso. Asimila parte das opinións alleas na súa propia argumentación. TI 8 10
CA2.8 - Mobilizar, coa planificación e
acompañamento necesarios, estratexias básicas para a escoita activa, a comunicación asertiva e a deliberación argumentada, progresando na xestión
dialogada de conflitos, propondo solucións creativas.
Demostra a capacidade de consensuar solucións en situacións de conflito. TI 8 10
CA3.8 - Utilizar as bibliotecas da aula e do centro e as virtuais, cada vez con máis autonomía, comprendendo como se organizan e colaborando no seu coidado e mellora e interesarse por manter e ampliar unha biblioteca propia, tanto física como
virtual, con textos variados da literatura galega.
Localiza a información necesaria na
biblioteca e en internet para documentarse sobre algunha persoa coa intención de entrevistala.
TI 8 10
CA3.11 - Rexeitar os usos lingüísticos
discriminatorios e identificar os abusos de poder a través da palabra a partir da reflexión individual e grupal sobre os aspectos básicos, verbais e non verbais, da comunicación, tendo en conta unha
perspectiva de xénero.
Identifica no mundo da publicidade
gráfica situacións que presentan
prexuízos e discriminatorias desde a perspectiva de xénero.
TI 8 10
 Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores 

Unidade didáctica

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación

Unidad didáctica (Proens)

% (Orientación de Proens)
9 CA2.7 - Rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e a discriminación polo uso da lingua galega, e os abusos de poder a través da palabra identificados
mediante a reflexión grupal acompañada sobre distintos aspectos, verbais e non verbais, que rexen a comunicación, tendo en conta unha perspectiva de xénero.
Localiza en grupo usos discriminatorios da linguaxe nun xornal. TI 9 15
CA3.10 - Construír, a través da linguaxe, un pensamento crítico para evitar discriminacións e prexuízos. Redacta un texto argumentativo
expresando a súa opinión sobre un texto de prensa proposto.
PE 9 18
CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta aspectos diferenciais co castelán, para favorecer
unha comunicación máis eficaz.
Elabora conclusións sobre un artigo de opinión en prensa empregando un vocabulario e unha ortografía correctos. PE 9 18
CA3.3 - Utilizar estratexias para a comprensión de textos de diversa índole en lingua galega, identificando palabras clave e anticipando hipóteses. Redacta o resumo de noticias aparecidas nunha sección de xornal dixital. PE 9 18
CA2.6 - Valorar os medios de comunicación social como instrumento de aprendizaxe e de acceso a informacións e experiencias doutras persoas. Demostra o hábito de consultar a
información da actualidade a través dos medios de comunicación social.
TI 9 15
CA4.4 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable no uso das tecnoloxías dixitais da Información e da comunicación para a procura e tratamento da información de modo eficiente e responsable. Recoñece e utiliza recursos de internet seguros para a procura de información aplicando medidas básicas de seguridade para protexer a súa privacidade. TI 9 15
 Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores 

Actividades e instrumentos empregados no REA

A continuación preséntase a táboa de criterios de avaliación relacionados coas actividades. Tamén se indica a situación exacta da actividade no REA. Por último indícase o instrumento de avaliación empregado para cada actividade. Deben terse en conta unha serie de cuestións:

    • Neste REA non se inclúen as probas escritas dos Criterios de Avaliación (CA) que en PROENS se avalían con ese tipo de instrumento. Porén, os CA, serían perfectamente avaliables coas actividades que aquí se propoñen e os instrumentos alternativos que se facilitan; ou, no seu defecto, axudan a preparar para a súa avaliación.
    • Cando na táboa que segue se sinala unha actividade con "Proba escrita" como instrumento empregado, isto significa que é preciso que o alumnado realice unha produción escrita en menor ou maior medida. Algunhas delas son xa retroalimentadas, algo que se indica co texto "Retroalimentación".
Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA2.7 - Rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios
ea discriminación polo uso da lingua galega, e os
abusos de poder a través da palabra identificados
mediante a reflexión grupal acompañada sobre
distintos aspectos, verbais e non verbais, que rexen
a comunicación, tendo en conta unha perspectiva de
xénero.
  1. Comunicámonos/F2
  2. Moderadores en prácticas/F3
  3. Obxectivamente/F3
  4. Noticias de película/F3
  5. O obxecto misterioso/F3
  6. Reto final/F4
  7. Diario de aprendizaxe/F4
  1. Rexistro persoal escrito 
  2. Actividade interactiva de clasificación
  3. Actividade interactiva V/F
  4. Rexistro grupal escrito e posterior divulgación
  5. Observación directa 
  6. Táboa de indicadores 
  7. Rexistro grupal escrito
CA3.7 - Elaborar textos escritos e multimodais
coherentes, en distintos soportes, integrando
recursos gráficos ou paratextuais que faciliten a
comprensión do sentido global e da información
relevante.
  1. Pensamos en equipo/F1
  2. Diario de aprendizaxe/F1
  3. Diario de aprendizaxe/F2
  4. Finalizamos e maquetamos/F3
  5. Unha receita especial/F3
  6. Diario de aprendizaxe/F3
  7. Reto final/F4
  1. Rexistro grupal escrito
  2. Rexistro persoal escrito
  3. Rexistro persoal escrito
  4. Táboa de indicadores
  5. Rexistro persoal escrito
  6. Rexistro persoal escrito
  7. Táboa de indicadores 
CA3.10 - Construír, a través da linguaxe, un
pensamento crítico para evitar discriminacións e
prexuízos.
  1. Entrevista nas ondas/F3
  2. Adiviña o entrevistado/F3
  3. O ring das ideas/F3
  4. Diario de aprendizaxe/F4
  1. Rexistro grupal escrito
  2. Rexistro grupal escrito
  3. Táboa de indicadores
  4. Rexistro grupal escrito
CA6.5 - Mellorar os textos propios e alleos na súa
comprensión mediante o uso autónomo de
dicionarios impresos ou dixitais.
  1. Opción A: A clasificar!/F3
  2. Opción B: Detectives de palabras/F3
  3. Opción C: Ocos con tamaños/F3
  1. Actividade interactiva de clasificación
  2. Actividade interactiva de V/F
  3. Actividade interactiva de completar palabras
CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías
gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta
aspectos diferenciais co castelán, para favorecer
unha comunicación máis eficaz.
  1. Actividade 1: A letra perdida/F3
  2. Actividade 2: Os detectives da lingua/F3
  3. Actividade 3: Enchendo ocos/F3
  4. Actividade A: Cada ovella coa sua parella/F3
  5. Actividade B: Deslizamos a polo bingo!/F3
  6. Actividade C: Analizando o coñecemento/F3
  7. Completar/F3
  8. Opción A: Selecciona o tempo verbal/F3
  9. Opción B: Clasifica os tempos/F3
  10. Opción C: Buscamos infinitivos e tempos/F3
  11. Atopando o modo/F3
  12. Opción A: A parella de palabras/F3
  13. Opción B: Palabras agochadas/F3
  14. Opción C: Tele-termos/F3
  1. Actividade interactiva de completar palabras
  2. Actividade interactiva de completar palabras
  3. Actividade interactiva de resposta múltiple
  4. Actividade interactiva de relacionar
  5. Actividade interactiva de clasificación
  6. Actividade interactiva de completar palabras
  7. Actividade interactiva de completar palabras
  8. Actividade interactiva de V/F
  9. Actividade interactiva de clasificación
  10. Rexistro persoal escrito
  11. Actividade interactiva de V/F
  12. Actividade interactiva de relacionar
  13. Actividade interactiva de completar palabras
  14. Actividade interactiva sopa de letras
CA2.2 - Utilizar de xeito efectivo a linguaxe oral:
escoitar con atención, recoller datos, preguntar,
repreguntar, interpretar e un vocabulario adecuado
ao nivel.
  1. Que falta aquí/F2
  2. Anatomizando en 3,2,1.../F3
  1. Rexistro grupal escrito
  2. Rexistro persoal escrito
CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas
ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de
escoita activa, de cortesía lingüística e de
cooperación conversacional, respectando o uso
simultáneo das dúas linguas propias, de ser o caso.
  1. Que preferirías?/F3
  2. Poñémonos aos micrófonos/F3
  1. Rexistro grupal escrito e posterior divulgación
  2. Táboa de indicadores
CA2.8 - Mobilizar, coa planificación e
acompañamento necesarios, estratexias básicas
para a escoita activa, a comunicación asertiva e a
deliberación argumentada, progresando na xestión
dialogada de conflitos, propondo solucións creativas.
  1. A cadea de palabras/F3
  1. Rexistro persoal escrito
CA3.8 - Utilizar as bibliotecas da aula e do centro e
as virtuais, cada vez con máis autonomía,
comprendendo como se organizan e colaborando no
seu coidado e mellora e interesarse por manter e
ampliar unha biblioteca propia, tanto física como
virtual, con textos variados da literatura galega.
  1. Hora de ler/F1
  2. Opción B: As partículas interrogativas/F2
  3. Noticias con cambios de tamaños/F3
  1. Observación directa
  2. Actividade interactiva de completar palabras
  3. Rexistro grupal escrito e posterior divulgación
CA3.11 - Rexeitar os usos lingüísticos
discriminatorios e identificar os abusos de poder a
través da palabra a partir da reflexión individual e
grupal sobre os aspectos básicos, verbais e non
verbais, da comunicación, tendo en conta unha
perspectiva de xénero.
  1. Poñémonos máns á obra!/F2
  2. Diario de aprendizaxe/F3
  3. Agora buscamos en equipo/F3
  1. Rexistro grupal escrito
  2. Rexistro persoal escrito
  3. Rexistro grupal escrito e posterior divulgación
CA3.3 - Utilizar estratexias para a comprensión de
textos de diversa índole en lingua galega,
identificando palabras clave e anticipando hipóteses.
  1. É o teu momento/F1
  2. Lembra e completa/F1
  3. Pregunta Verdadeiro-Falso/F1
  4. Opción A: Analizamos as noticias/F2
  5. Opción C: Emparellamos preguntas e respostas/F2
  6. Pregunta Verdadeiro-Falso/F3
  7. Lista desordenada/F3
  8. Verdadeiro-Falso/F3
  1. Rexistro grupal escrito
  2. Actividade interactiva de completar palabras 
  3. Actividade interactiva V/F
  4. Actividade interactiva V/F
  5. Actividade interactiva de relacionar
  6. Actividade interactiva V/F
  7. Actividade interactiva de ordenar
  8. Actividade interactiva V/F
CA2.6 - Valorar os medios de comunicación social
como instrumento de aprendizaxe e de acceso a
informacións e experiencias doutras persoas.
  1. Diario de aprendizaxe/F3
  2. Relaciona/F3
  3. Opción A: Adiviña o formato/F3
  4. Opción B: Os traballos da tele/F3
  5. Opción C: Paso a paso/F3
  6. Misión televisiva familiar/F3
  1. Rexistro persoal escrito
  2. Actividade interactiva de relacionar
  3. Actividade interactiva completar palabras
  4. Actividade interactiva de relacionar
  5. Actividade interactiva de ordenar
  6. Rexistro persoal escrito
CA4.4 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro,
sustentable e saudable no uso das tecnoloxías
dixitais da Información e da comunicación para a
procura e tratamento da información de modo
eficiente e responsable.
  1. Misión comunicación/F3
  2. Lista desordenada/F3
  3. Sopa de letras/F3
  4. Enigma debuxado/F3
  1. Rexistro grupal escrito
  2. Actividade interactiva de ordenar
  3. Actividade interactiva sopa de letras
  4. Observación directa

Feito con eXeLearning (Nova xanela)