Este REA "Ei, saio na tele!", en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Lingua Galega e Literatura" de 6º de Primaria, contextualízase nas unidades didácticas 8 (Son periodista) e 9 (Comunicámonos). Pola súa situación, despois de traballar o resto de bloques do currículo, pretende tamén que o alumnado integre o aprendido nas unidades previas da programación anual.
O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contido 2. Comunicación oral, 3. Comunicación escrita, 4. Alfabetización mediática e informacional e 6. Reflexións sobre a lingua e os seus usos nos que se traballa a expresión e comprensión oral e escrita a través de diferentes formatos que inclúen as tecnoloxías da información e a comunicación. Complétanse os contidos cunha breve reflexión sobre os usos da lingua.
Os contidos da materia que se recollen neste REA son:
| Contidos |
Bloque da materia |
- Xéneros discursivos. Construción do pensamento crítico a través da lingua para evitar a discriminación.
- Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.
- Procesos: comprensión oral. Estratexias de identificación e interpretación e do sentido global, da información relevante e da integración da
información explícita e a realización de inferencias para superar o sentido literal de textos sociais orais e multimodais.
- Procesos: comprensión oral. Utilización dos medios de comunicación social textuais e multimodais como forma de aprendizaxe a través da lingua: prensa, radio, Internet...
- Procesos: produción oral. Construción, comunicación e valoración crítica de coñecemento mediante a planificación e produción relativamente autónoma de textos orais e multimodais.
- Procesos: produción oral. Elaboración de textos orais axeitados ao nivel, con utilización correcta dos elementos da prosodia e non verbais, empregando unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.
- Procesos: interacción oral. Estratexias de escoita activa, asertividade e proposta de solución creativa para a resolución dialogada de conflitos, utilizando unha linguaxe oral non discriminatoria e rexeitando a discriminación polo uso do galego como lingua de comunicación e tendo en conta a perspectiva de xénero.
- Intención comunicativa e claves da tipoloxía textual básica: narración, descrición, diálogo, exposición e argumentación.
|
Bloque 2 |
- Procesos: comprensión lectora. Valoración da lectura, en lingua galega, como medio para ampliar o vocabulario e consolidar a ortografía correcta.
- Procesos: comprensión lectora. Estratexias para identificar usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica en textos escritos.
- Procesos: comprensión lectora. Uso da biblioteca para a lectura dos libros propostos, na procura de información e utilización desta como fonte de
información e lecer.
- Procesos: comprensión lectora. Estratexias de identificación e valoración do sentido global do texto, de integración da información explícita e de realización de inferencias para superar o sentido literal de textos en fontes documentais diversas en procesos de comprensión e produción de textos escritos en lingua galega.
- Procesos: produción oral. Construción, comunicación e valoración crítica de coñecemento mediante a planificación e produción relativamente autónoma de textos orais e multimodais.
- Procesos: produción oral. Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, construíndo o discurso de acordo coas necesidades comunicativas de cada situación, valorando as normas que rexen a interacción oral e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.
- Procesos: interacción oral. Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, exposición de ideas e para a identificación e interpretación do sentido global do texto e de integración da información explícita de textos orais e multimodais sinxelos e a realización de inferencias para superar o seu sentido literal.
- Procesos: produción escrita. Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación de modo eficiente e responsable para elaborar e presentar as súas producións, adoptando hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable.
- Procesos: produción escrita. Estratexias elementais para o uso autónomo de dicionarios, en distintos soportes.
- Procesos: produción escrita. Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.
- Procedementos elementais de adquisición e enriquecemento de vocabulario galego a través dos textos.
|
Bloque 3 |
- Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.
|
Bloque 4 |
- Xéneros discursivos. Elementos básicos de contido en textos orais (tema, fórmulas fixas, léxico, inferencias de información).
- Procesos: comprensión lectora. Elementos gráficos, textuais e paratextuais relativamente complexos que favorecen a comprensión antes, durante e despois da experiencia lectora.
- Procesos: produción escrita. Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronomes e artigos) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.
- Procesos: produción escrita. Estratexias de revisión e modificación de textos para mellorar a súa comprensión a través do uso de recursos lingüísticos apropiados.
- Procesos: produción escrita. Elementos gráficos e paratextuais que faciliten a organización e comprensión do texto.
- Procesos: produción escrita. Elementos gráficos e paratextuais que faciliten a organización e comprensión do texto.
- Os signos de puntuación como mecanismos para organizar o texto escrito e para expresar a intención
comunicativa.
- Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de
comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronomes e artigos) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.
|
Bloque 6 |
Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:
| Obxectivos |
Descrición |
OBX 3
|
Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas.
|
OBX 4
|
Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos.
|
| OBX 5 |
Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas.
|
OBX 6
|
Buscar, seleccionar e contrastar información procedente de dúas ou máis fontes, de forma planificada e co debido acompañamento, avaliando a súa fiabilidade e recoñecendo algúns riscos de manipulación e desinformación, para transformala en coñecemento e para comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista persoal e respectuoso coa propiedade intelectual.
|
OBX 9
|
Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.
|
OBX 10
|
Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática utilizando unha linguaxe non discriminatoria e detectando e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético da linguaxe.
|
A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
CCL1, CCL 2, CCL3, CCL5 |
| Competencia plurilingüe (CP) |
CP2, CP3 |
| Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) |
STEM1, STEM2 |
| Competencia dixital (CD) |
CD1, CD2, CD3, CD4 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5 |
| Competencia cidadá (CC) |
CC1, CC2, CC3 |
| Competencia emprendedora (CE) |
CE1, CE3 |