Saltar navegación

1. Descrición xeral

Un concello para nós

Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) deseñado para traballar co alumnado os medios de comunicación. Partiremos de problemáticas próximas ao alumnado que deberán recoller e comunicar empregando diferentes vías de comunicación. Trataremos de fomentar a creatividade propoñendo que os nenos e as nenas creen o seu propio medio de comunicación.

Proponse ao longo de todo o REA a participación activa do alumnado mediante debates e toma de decisións ordenadas e respectuosas empregando unha linguaxe inclusiva.

As metas de aprendizaxe son:

  1. Coñecer e analizar os medios de comunicación e as súas características: prensa, radio, televisión. 
  2. Coñecer o tempo, modo e forma dos verbos. 
  3. Traballar a expresión oral a través do debate. 
  4. Expresar e comprender ideas e opinións de maneira respectuosa. 
  5. Coñecer as palabras derivadas: palabras compostas, aumentativos e diminutivos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)