Temporalización do REA
Este REA está formado polas unidades didácticas 8 e 9 publicadas en PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria. En total está pensado para desenvolver ao longo de 31 sesións do terceiro trimestre.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
|
Fase |
Seccións |
Descrición do traballo a desenvolver |
Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. O noso xeito de comunicarnos |
1.1. Os tempos cambian |
Nesta sección situamos ao alumnado no contexto no que imos facer a proposta de traballo. |
1 |
|
1.2. Comunicámonos doutro xeito |
Conectamos coa actualidade. |
1 | |
|
1.3. De nós para nós |
Explicamos as fases nas que se dividirá o traballo e as metas a alcanzar. |
1 | |
|
2. Como nos informamos? |
2.1. As noticias |
Mobilizamos coñecementos previos relacionados coas partes dunha noticia e poñemos en práctica estes contidos. |
1 |
|
2.2. Verdade ou farsa? |
Mobilizamos coñecementos previos relacionados coa veracidade das noticias e poñemos en práctica estes contidos. |
1 | |
|
3. Enviamos a nosa mensaxe |
3.1 A prensa |
Presentamos o contido: a prensa. |
1 |
|
Aquí e agora |
Falamos da evolución da prensa. |
1 | |
|
Imos ao lío |
Introducimos as palabras con "s" e con "x" e traballamos o contido. |
1 | |
|
Anatomizando as noticias |
Introducimos as partes da noticia e as palabras invariables. Traballamos os contidos. |
1 | |
|
Punto e final |
Traballamos os signos de puntuación e levamos a cabo o primeiro minireto: redacción dunha noticia. |
3 | |
|
3.2 A radio |
Presentamos un novo contido: a radio. |
1 | |
|
Da radio ao podcast |
Repasamos e poñemos en práctica os verbos, as súas conxugacións e os seus tempos. |
1 | |
|
Sexa verdade ou non |
Repasamos e poñemos en práctica os modos dos verbos. |
1 | |
|
Falamos? |
Introducimos as partes nas que se divide un programa de radio e traballamos sobre elas. | 1 | |
|
Estamos no aire |
Levamos a cabo o segundo minireto: gravación dun pequeno programa de radio. | 3 | |
|
3.3. A televisión |
Presentamos un novo contido: a televisión. | 1 | |
|
Palabras pequeniñas e xigantonas |
Presentamos e traballamos os aumentativos e os diminutivos. |
1 | |
|
Palabras pegadizas |
Presentamos e traballamos as palabras compostas. |
1 | |
|
Desfile de voces |
Presentamos a traballamos o debate. | 1 | |
|
Luces, cámara, debate! |
Levamos a cabo o terceiro minireto: un debate de televisión. | 3 | |
|
4. O noso medio de comunicación (A elixir unha das tres opcións: 4.1., 4.2. ou 4.3.) |
4.1. Reto Opción A | Levamos a cabo o reto final: a creación dun medio de comunicación. | 3 |
| 4.2. Reto Opción B | Levamos a cabo o reto final: a creación dun medio de comunicación. | ||
| 4.3. Reto Opción C | Levamos a cabo o reto final: a creación dun medio de comunicación. | ||
|
5. Conclusión |
5.1. Emitimos dende a escola | Presentamos e avaliamos o traballo final. | 2 |