Saltar navegación

3. Guía de uso

Introducindo o REA "A importancia da palabra"

O REA “A importancia da palabra” pretende que o alumnado adquira habilidades para identificar necesidades, recompilar información e transformala en diferentes tipos de texto. O obxectivo é dar solución con ese texto a unha problemática real como é a falta de xornais e noticias en galego.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA). Por este motivo preséntase a información de diferente forma, tanto respecto do formato coma do nivel.  O obxectivo último é que consigan elaborar o seu propio xornal/revista, ben en formato dixital ou ben en formato escrito, no que se recollerán diferentes tipos de textos en galego.

O alumnado manexará aspectos teóricos sobre a escritura de diferentes tipos de texto e a diversidade e identidade lingüística. Ademais, ao longo do camiño irase afondando en diferentes aspectos gramaticais:  diferentes tipos de palabras, normas ortográficas ou signos de puntuación. A través da lectura, da procura de información, da reflexión individual e tamén grupal terán que resolver o reto proposto que se traducirá na creación do seu propio xornal ou revista (en función do reto escollido).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)