Saltar navegación

1. Descrición xeral

Xornalistas en acción!

Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) deseñado co fin de introducir ao alumnado na creación de diferentes tipos de textos. Na situación de aprendizaxe terán que crear un xornal ou revista para dar solución a situación actual da lingua galega na prensa escrita. Para elaborar o xornal utilizarán diferentes tipos de textos cos que se pretende traballar a compresión e a creación colectiva de documentos.

Estudaremos algúns dos diferentes xéneros discursivos que existen e a súa funcionalidade. Ademais, tamén se traballarán contidos relacionados con:  aspectos gramaticais como o recoñecemento de distintas clases de palabras: substantivo, adverbio, pronome, adxectivo, preposición verbo e artigo; estratexias para a procura de información e o uso das tecnoloxías da información e comunicación; normas ortográficas como os signos de puntuación; o uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa; e por último, tamén se traballará a expresión oral e escrita.

As metas de aprendizaxe son:

1. Coñecer a situación real da lingua galega, así como a súa comparativa en relación coa lingua castelá. 

2. Coñecer a estrutura dos diferentes tipos de textos. 

3. Elaborar diferentes tipos de textos en función da súa estrutura e intención comunicativa. 

4. Coñecer os diferentes medios de comunicación. 

5. Identificar os riscos presentes nas redes sociais, así como os seus aspectos positivos. 

6. Construír relacións positivas a través do manexo e tratamento de información a través do uso das tecnoloxías da comunicación. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)