Temporalización do REA
Este REA corresponde coa unidade didáctica 6 publicada en PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria. En total está pensado para desenvolver ao longo de 16 sesións ao longo do segundo trimestre.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. Que pasa coa nosa fala? (Mobilizar) |
1.1. Antes de comezar é ben reflexionar. 1.2. Poñendo as cousas claras. 1.3 Diario de aprendizaxe |
Sesión de motivación e presentación da tarefa. Presentación da problemática e do tema central. | 1 sesión. |
|
2. Canto recordamos? (Activar e recordar) |
2.1. Xornalistas da gramática. 2.2. Puntuando, puntuando. 2.3 Diario de Aprendizaxe. |
Sesión de revisión e activación de coñecementos previos dos contidos necesarios. | 2 sesións. |
|
3. As posibilidades da palabra. (Explorar, revisar e practicar) |
3.1 Comunicándonos 3.2 Escribir con variedade.
3.3 Buscándolle un sentido. 3.4 Navegando nas redes. |
Sesións con actividades informativas e interactivas utilizando como fío condutor os diferentes tipos de texto. A través deles trabállanse diferentes aspectos gramaticais do currículo. Están deseñadas para crear interese no alumnado. O alumnado é o protagonista nos procesos de ensino-aprendizaxe. Inclúe sesións con actividades interactivas multinivel e opcións diferentes para garantir a consecución das actividades. Utilizase o diario de aprendizaxe con canle e guía para eses procesos. |
7 sesións. |
|
4. Chega a hora de escribir (Aplicar e comprobar) |
4.1. Poñendo as cousas claras. 4.2. Os nosos retos.
|
Sesións dirixidas á realización do reto escollido dentro dos tres propostos, que pretende dar solución á realidade do galego na prensa escrita. Implican a creación colectiva e o traballo en grupo. | 4 sesións. |
|
5. Últimos pasos. (Concluír e comunicar) |
5.1. Presentando o xornal físico. 5.2. Presentando o xornal ou revista individual. 5.3 Diario de aprendizaxe. |
Sesións vinculadas á presentación dos resultados e produtos obtidos nos retos da fase 4. Realízase a través da auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e a exposición dos resultados ao resto do alumnado da aula. | 2 sesións. |