Saltar navegación

3. Guía de uso

Introducindo o REA "En acción para o galego"

O REA "En acción para o galego" pretende que o alumnado tome conciencia da perda de uso do galego, que identifique palabras e expresións propias, recompilar información e introducila no seu día a día. O obxectivo é concienciar e divulgar a riqueza e a identidade que nos aporta o noso idioma, que é unha problemática real que pode ser proposta polos docentes.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA). Por este motivo se presenta a información de maneiras diferentes tanto en formatos como niveis.  O obxectivo último e rachar coas posibles fendas que o alumnado poda atopar para acceder á información e chegar deste xeito ó maior número de realidades individuais do alumnado.

O alumnado manexará aspectos teóricos sobre a comunicación, a diversidade e identidade lingüística e as canles de comunicación oral e escritas. Ademais, ao longo do camiño irase afondando en diferentes aspectos gramaticais: acentuación, ditongos e hiatos, palabras compostas e simples e o uso de maiúsculas e minúsculas. A través da lectura, do seguimento de instrucións, da reflexión individual e tamén grupal, e da mestura destes aspectos, terán que resolver un reto proposto que se traducirá na creación dun stop motion.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)