Saltar navegación

1. Descrición xeral

En acción para o galego

Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) deseñado co fin de introducir ao alumnado na elaboración de textos, na creación dunha animación en stop motion e na reflexión sobre a situación do galego na actualidade. Na situación de aprendizaxe terán que crear un texto narrativo para logo transformalo nunha animación de stop motion incluíndo expresións en galego para que perduren na nosa sociedade. O alumnado decidirá nos pequenos grupos como queren facer as súas historias, así como as súas animacións. Esta animación, elaborada plenamente por eles e elas, será o produto final desta situación de aprendizaxe.

Pero para alcanzar este produto final con éxito, será importante traballar moitos contidos con anterioridade. Estes van desde o afianzamento de normas ortográficas (uso de maiúsculas e normas de acentuación), ata xeitos de comunicarse e elementos propios deste proceso ou o coñecemento da situación do galego na nosa sociedade. 

As metas de aprendizaxe son:

  1. Coñecer os diferentes tipos de textos. 
  2. Identificar os elementos da comunicación. 
  3. Coñecer novas expresións en galego. 
  4. Ler de xeito comprensivo algunha noticia sobre o galego.
  5. Elaborar unha historia coherente e clara cunha ortografía e puntuación axeitada.
  6. Crear unha animación a través da técnica de stop motion (fotograma a fotograma).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)