Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA está formado polas unidades didácticas 1 publicadas en PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria. En total está pensado para desenvolver ao longo de 16 sesións ao longo do primeiro trimestre. 

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Para que? Temporalización

1. O galego corre perigo!

(Mobilizar)

1.1. O noso idioma

1.2. A nosa axuda 

Sesión de motivación e presentación da tarefa. Presentación da problemática e do tema central, o galego. 1 sesión

2. E ti, como o vés?

(Activar e recordar)

2.1. Que linguas hai?

2.2. Canto sei do galego?

2.3. Que sei para axudar?

2.4. Recordas todo isto?
 

Sesión de revisión e activación de coñecementos previos nesta e noutras materias 2 sesións

3. Que está pasando co galego?

(Explorar, revisar e estruturar)

3.1. Como o estamos tratando?

3.2. E ti, como te comunicas?

3.3 Como nos comunicamos?

3.4. Escribimos na nosa lingua

3.5. Como poden ser as palabras?

3.6. A nosa historia 
 

Sesións con actividades informativas e interactivas utilizando como fío condutor o galego. Empregando o galego trabállanse diferentes aspectos gramaticais do currículo. As actividades están deseñadas para crear interese no alumnado dende a perspectiva do “aprender pensando”. O alumnado é o protagonista nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Inclúe sesións con actividades interactivas multinivel e opcións diferentes para garantir a consecución das actividades. Foméntase a reflexión metacognitiva do alumnado a través de procedementos dedutivos do pensamento. Utilizase o diario de aprendizaxe con canle e guía para eses procesos.

6 sesións

4. Cámara, acción e moita imaxinación!

(Aplicar e comprobar)

4.1. Pasos a seguir!

4.2. Reto 1: Crea un guión

4.3. Reto 2: Elaboración de personaxes e escenarios

4.4. Reto 3: Storyboard

4.5. Reto final: Manexo da aplicación

4.6. Avaliación

4.7. Reflexión
 

Sesións dirixidas á realización dos retos propostos, que pretenden dar solución a problemática do galego. Implican a creación colectiva e o traballo en grupo.  6 sesións

5. Conclusións

(Concluír e comunicar)

5.1. Compartimos o noso reto

Sesións vinculadas á presentación dos resultados e produtos obtidos nos retos da fase 4. Realízase a través da auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e a exposición dos resultados ao resto da comunidade educativa. 1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)