Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 8 REA, unha proposta global para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria do proxecto cREAgal para conter as 9 UD (Unidades Didácticas) recollidas na programación modelo de Proens do curso 2023 – 2024  e vixente no curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria respecta a temporalización por trimestre, a secuencia de UD e o resto dos elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "En acción para o galego!"

UD1: "Outra vez por aquí!"

CA1.1 - CA1.3 - CA1.5 - CA2.1 - CA2.4 - CA3.5 - CA3.6 - CA6.7 10% 16 sesións no primeiro trimestre
REA 2: "Marcando páxinas" UD2: "Somos investigadoras e investigadores"

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.5 - CA2.2 - CA2.4 - CA3.1 - CA3.2 - CA3.6 - CA3.7 - CA6.1 - CA6.2 - CA6.6 - CA6.7

10%

16 sesións no primeiro trimestre
REA 3:  "Unha paisaxe con encanto"

UD3: "Cantas cousas novas!"

CA2.1 - CA2.3 - CA2.5 - CA3.2 - CA3.3 - CA3.4 - CA3.6 -CA3.8 -  CA4.1 - CA4.2 - CA4.3 - CA6.2 - CA6.6 10% 16 sesións no primeiro trimestre
REA 4: "O gran libro das emocións" UD4: "Os meus sentimentos" CA2.1 - CA2.5 - CA3.2 - CA3.4 - CA3.9 - CA4.5 - CA4.6 - CA5.1 - CA5.3 - CA5.4 - CA5.5 - CA5.6 - CA5.7 - CA5.9 - CA6.2 - CA6.4 - CA6.6 11% 15 sesións no segundo trimestre
REA 5: "Onde vai a nosa cultura?" UD5: “As posibilidades da lingua” CA2.3 - CA3.4 - CA4.5 - CA4.6 - CA5.2 - CA5.3 - CA5.4 - CA5.5 - CA5.6 - CA5.7 - CA5.8 - CA6.2 - CA6.6 11% 15 sesións no terceiro trimestre
REA 6: "A importancia da palabra"

UD6: "Como son?"

CA2.5 - CA3.6 - CA3.9 - CA3.10 - CA6.2 - CA6.3 - CA6.4 - CA6.6 -  11% 16 sesións no segundo trimestre
REA 7: "Batalla de concellos!"

UD7: "Como nos entendemos!"

 CA1.4 - CA2.3 - CA2.4 - CA2.5 - CA2.8 - CA3.3 - CA3.10 - CA4.2 - CA6.6 12% 15 sesións no terceiro trimestre
REA 8: ""Ei, saio na tele!"

UD8: "Son periodista"

UD9: "Comunicámonos"

CA2.7 - CA3.7 - CA3.10 - CA6.5 - CA6.6 - CA2.2 - CA2.4 - CA2.8 - CA3.8 - CA3.11 - CA2.7 - CA3.10 - CA6.6 - CA3.3 - CA2.6 - CA4.4 -  25% 31 sesións no terceiro trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada na unidade 1 de Lingua Galega e Literatura para 6° de Educación Primaria que se poden descargar da aplicación Proens. Os eixes principais son:

  • Aplicación da resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • Fomento de actitudes como a creatividade e a cooperación.
  • Desenvolvemento da conciencia de lingua e da diversidade lingüística da contorna.
  • Incorporación de estratexias relacionadas coa fala, a escoita, a lectura e a escritura.
  • Aplicar mecanismos para a transformación da información en coñecemento.
  • Colaboración na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e á súa conexión co mundo real.
    1. En concreto co ODS 16 (Paz, xustiza e institucións sólidas), promovendo sociedades inclusivas ao visibilizar e valorar linguas minoritarias, defendendo o dereito cultural e lingüístico de todas as persoas.
    2. Co ODS 4 (Educación de calidade), promovendo a aprendizaxe dunha lingua a través dunha ferramenta creativa como é o stop motion. Esta ferramenta fomenta a educación equitativa, respectando a diversidade tanto cultural coma de capacidades. 
    3. Co ODS 10 (Redución das desigualdades), traballando para revitalizar e non perder o galego, un idioma que podería estar en risco pola perda importante que se está a dar de falantes. Está combatendo posibles desigualdades lingüísticas e culturais, que no noso país xa se deron no pasado. 
    4. Co ODS 11 (Cidades e comunidades sostibles) intentando manter vivo o galego, como lingua local. Isto contribúe á sostibilidade cultural, promovendo un sentido de identidade e pertenza. 
    5. O reto extra posibilita que o alumnado afonde tamén nos ODS. En función do problema que decidan resolver, con axuda do profesorado, poderíase vencellar o seu reto escollido con algún dos ODS.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, correspóndese coa unidade didáctica 1 (Outra vez por aquí!) de Proens para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria. Supón a porta de entrada para o resto de unidades didácticas que conforman a materia. 

O recurso aborda os contidos presentes no bloque 1, As linguas e os seus falantes; no bloque 2, Comunicación oral; no bloque 3, Comunicación escrita e no bloque 6, Reflexión sobre a lingua e os seus usos no marco de proposta de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais.

Os contidos da materia que se recollen neste REA son:

Contidos Bloque da materia
  • Biografía lingüística persoal e mapa lingüístico da contorna xeográfica e cultura.
  • Consideración social equilibrada das dúas linguas oficia de Galicia.
  • A diversidade etnocultural e lingüística como riqueza e ferramenta de reflexión interlingüística.
Bloque 1
  • Contexto
    • Incidencia dos compoñentes do feito comunicativo (situación, participantes, propósito comunicativo, canle e realidade bilingüe) na comunicación oral.
  • Xéneros discursivos
    • Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución de textos orais en lingua galega.
  • Procesos: interacción oral
    • Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, exposición de ideas e para a identificación interpretación do sentido global do texto e de integración da información explícita de textos orais e multimodais sinxelos e a realización de inferencias para superar o seu sentido literal.
    • Interacción oral adecuada en situacións de aula e en contextos formais pautados, con respecto ás estratexias de cortesía lingüística, evitando interferencias derivadas do bilingüismo.
    • Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, construíndo o discurso de acordo coas necesidades comunicativas de cada situación, valorando as normas que rexen a interacción oral e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.
  • Procesos: comprensión oral
    • Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.
    • Utilización dos medios de comunicación social textuais e multimodais como forma de aprendizaxe a través da lingua: prensa, radio, Internet...
  • Procesos: produción oral
    • Produción e reprodución de textos orais de diversa tipoloxía segundo o seu formato e intención comunicativa, adecuados ao nivel e que estimulen o seu interese. Pronuncia e entoación adecuadas nos distintos contextos, atendendo á particularidade fonética da lingua galega.
Bloque 2
  • Xéneros discursivos
    • Estratexias básicas para o coñecemento da estrutura da lingua, a gramática, o vocabulario, así como as regras de ortografía que favorecen unha comunicación máis eficaz.
  • Procesos: comprensión lectora
    • Lectura individual de textos literarios e non literarios con ritmo, velocidade e ton da voz adecuados.
    • Estratexias de uso progresivamente autónomo de recursos lingüísticos diversos, tanto en papel como dixitais, para mellorar a comprensión de textos.
    • Valoración da lectura, en lingua galega, como medio para ampliar o vocabulario e consolidar a ortografía correcta.
  • Procesos: produción escrita
    • Elaboración de textos, con presentación coidada, utilizando a lingua galega con intención comunicativa e creatividade.
    • Estratexias elementais, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición de textos escritos multimodais complexos, con distintos propósitos comunicativos.
    • Aplicación das normas ortográficas e cohesión texto na produción e corrección: mantemento do tempo verbal, puntuación, concordancia básica e acentuación.
Bloque 3
  • Mecanismos de coherencia e cohesión elementais, con especial atención ás substitucións pronominais como mecanismo gramatical de referencia interna e á correlación temporal establecida mediante os distintos tempos verbais.
  • Mecanismos léxicos elementais para a adquisición de vocabulario a través da formación de palabras e enunciados.
  • Estratexias de observación e formulación de xeneralizacións sobre a acentuación.
  • Os signos de puntuación como mecanismos para organizar o texto escrito e para expresar a intención comunicativa.
Bloque 6

Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Recoñecer a diversidade lingüística do mundo a partir da identificación das linguas do alumnado e a realidade lingüística de Galicia e plurilingüe e multicultural de España para favorecer a reflexión interlingüística, para identificar e rexeitar estereotipos e prexuízos lingüísticos, e para valorar esa diversidade como fonte de riqueza cultural.
OBX 2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais identificando o sentido xeral e a información máis relevante, e valorando con axuda aspectos formais e de contido básicos para construír coñecemento e responder a diferentes necesidades comunicativas.
OBX 3 Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas.
OBX 4 Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos.
OBX 5 Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas.
OBX 9 Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.
OBX 10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática utilizando unha linguaxe non discriminatoria e detectando e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético da linguaxe.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL 2, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP2, CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3
Competencia emprendedora (CE) CE1
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)