Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Lembramos que os criterios de avaliación que aquí se amosan son os que conteñen a unidade didáctica 1 de PROENS. Pode haber criterios de avaliación (CA) que aparezan máis dunha vez debido a que poden ter mínimos de consecución variados tamén un peso orientativo que, neste caso, corresponde co establecido nas programacións de PROENS.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % (Orientación de Proens)
CA1.1: Mostrar interese e respecto polas distintas linguas e variedades dialectais, incluídas as linguas de signos, identificando as características fundamentais das da súa contorna xeográfica, así como algúns trazos dos dialectos e linguas familiares do alumnado. Expresa unha consideración que resulta equilibrada entre as dúas linguas oficiais. Táboa de indicadores UD 1 11
CA1.3: Identificar as distintas linguas empregadas na súa contorna, valorando a diversidade cultural próxima. Demostra capacidade de cambio de uso de lingua entre castelán / galego / inglés en función do contexto social. Táboa de indicadores UD 1 10
CA1.5: Usar unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas persoais, culturais e idiomáticas, e coa perspectiva de xénero. Amosa consideración cara as persoas que empregan outras linguas e/ou teñen outra cultura. Táboa de indicadores UD 1 10
CA2.1: Comprender o sentido de textos orais e multimodais sinxelos, recoñecendo o
tema, as ideas principais e as mensaxes
explícitas e implícitas, valorando o
seu contido e os elementos
non verbais e formais básicos.
Resume e reinterpreta unha breve conversa oral. Táboa de indicadores UD 1 11
CA2.4: Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional, respectando o uso simultáneo das dúas linguas propias, de ser o caso. Intervén activamente en conversas de grupo reducido comprendendo opinións diferentes e manifestando a opinión propia. Táboa de indicadores UD 1 12
CA3.5: Adquirir a eficacia lectora mediante unha planificación sistemática de mellora e o gusto pola lectura. Aproveita o momento lector con regularidade. Resume oralmente un texto de aproximadamente 50 palabras lido en 30 segundos. Táboa de indicadores UD 1 12
CA3.6: Producir textos escritos e multimodais coherentes e adecuados de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando na aplicación das normas gramaticais e ortográficas básicas ao servizo da cohesión textual e mobilizando estratexias, individuais ou grupais, de planificación, textualización, revisión e edición. Escribe un breve texto narrativo con coherencia e claridade. Proba escrita UD 1 12
CA6.6: Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta aspectos diferenciais co castelán, para favorecer unha comunicación máis eficaz. Escribe texto de aproximadamente 100 palabras con acentuación e puntuación correctas. Proba escrita UD 1 12
CA6.7: Sistematizar a adquisición de vocabulario a través dos textos. Reelabora, de maneira axeitada, textos informativos lidos previamente cun vocabulario propio. Proba escrita  UD 1 10
 Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores 

Actividades e instrumentos empregados no REA

A continuación preséntase a táboa de criterios de avaliación relacionados coas actividades. Tamén se indica a situación exacta a actividade no REA. Por último indícase o instrumento de avaliación empregado para cada actividade. Deben terse en conta unha serie de cuestións:

  • Neste REA non se inclúen as probas escritas dos Criterios de Avaliación (CA) que en PROENS se avalían con ese tipo de instrumento. Porén, os CA, serían perfectamente avaliables coas actividades que aquí se propoñen e os instrumentos alternativos que se facilitan; ou, no seu defecto, axudan a preparar para a súa avaliación.
  • Cando na táboa que segue se sinala unha actividade con "Proba escrita" como instrumento empregado, isto significa que é preciso que o alumnado realice unha produción escrita en menor ou maior medida. Algunhas delas son xa retroalimentadas algo que se indica co texto "Proba escrita con retroalimentación"
Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.1 - Mostrar interese e respecto polas distintas linguas e variedades dialectais, incluídas as linguas de signos, identificando as características fundamentais das da súa contorna xeográfica, así como algúns trazos dos dialectos e linguas familiares do alumnado.

1. Proba a comunicarte destes xeitos... (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> E ti, como te comunicas?

2. De onde son as persoas que din... (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> E ti, como te comunicas?

1. Retroalimentación

2. Retroalimentación

CA1.3 - Identificar as distintas linguas empregadas na súa contorna, valorando a diversidade cultural próxima.

1. É o momento de afinar o oído (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Que linguas hai?)

2. Poderías dicir en que lingua están estas palabras? (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Que linguas hai?)

3. Opción A: Cada ovella coa súa parella (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Canto sei do galego?)

4. Opción A: Imos poñer orde (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Canto sei do galego?)

5. Opción A: Adiviñza, adiviñanza (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Canto sei do galego?)

6. Opción B: Cada pardal co seu igual (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Canto sei do galego?)

7. Opción B: Dá a puntada final (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Canto sei do galego?)

8. Opción B: Dar na tecla (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Canto sei do galego?)

9. Opción C: Búscalle tres ao gato (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Canto sei do galego?)

10. Opción C: Refraneiro (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Canto sei do galego?)

11. Opción C: Adiviña, adiviñanza (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Canto sei do galego?)

1. Retroalimentación

2. Retroalimentación

3. Retroalimentación

4. Retroalimentación

5. Retroalimentación

6. Retroalimentación

7. Retroalimentación

8. Retroalimentación

9. Retroalimentación

10. Retroalimentación

11. Retroalimentación

CA1.5 - Usar unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas persoais, culturais e idiomáticas, e coa perspectiva de xénero.

 

1. Botamos unha parrafada (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Canto sei do galego?)

2. E ti que opinas? (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Como o estamos tratando >> Cada vez menos falada)

3. Agora ti? (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Como o estamos tratando >> Cada vez menos falada)

1. Táboa de indicadores

2. Táboa de indicadores

3. Táboa de indicadores

 

CA2.1 - Comprender o sentido de textos orais e multimodais sinxelos, recoñecendo o tema, as ideas principais e as mensaxes explícitas e implícitas, valorando o seu contido e os elementos non verbais e formais básicos.

1. Cal cres que é? (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Como nos comunicamos?

2. Adiviña (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Como nos comunicamos?

1. Retroalimentación

2. Retroalimentación

CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional, respectando o uso simultáneo das dúas linguas propias, de ser o caso.

1. Botamos unha parrafada (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Canto sei do galego?)

2. E ti que opinas? (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Como o estamos tratando >> Cada vez menos falada)

1. Táboa de indicadores

2. Táboa de indicadores

CA3.5 - Adquirir a eficacia lectora mediante unha planificación sistemática de mellora e o gusto pola lectura.

1. Verdadeiro ou falso? (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Como o estamos tratando >> Galego, lingua minoritaria)

2. Escolle a opción correcta (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Como o estamos tratando >> Cada vez menos falada)

1. Retroalimentación

2. Retroalimentación

CA3.6 - Producir textos escritos e multimodais coherentes e adecuados de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando na aplicación das normas gramaticais e ortográficas básicas ao servizo da cohesión textual e mobilizando estratexias, individuais ou grupais, de planificación, textualización, revisión e edición.

1. Ponte en marcha (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Que sei para axudar?)

2. Que parte da noticia son? (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Que sei para axudar?)

3. Ordena o seguinte texto narrativo (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Que sei para axudar?)

4. Agora ti? (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Como o estamos tratando >> Cada vez menos falada)

5. Escribimos a historia (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> A nosa historia

1. Retroalimentación

2. Retroalimentación

3. Retroalimentación

4. Rúbrica dos retos

5. Rúbrica dos retos

CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta aspectos diferenciais co castelán, para favorecer unha comunicación máis eficaz.

1. 1, 2, 3 ou 4, cantas sílabas ten? (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Recordas todo isto?)

2. Cales son as correctas? (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Recordas todo isto?)

3. Con acento gráfico ou sen el? (Sección 2 >> E ti, como o vés? >> Recordas todo isto?)

4. Maiúscula ou minúscula? (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Escribimos na nosa lingua

5. Cada ovo na súa cáscara (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Escribimos na nosa lingua

6. Para onde van? (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Escribimos na nosa lingua

7. Canto agarimo... (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Escribimos na nosa lingua

8. Clasifica en ditongos ou hiatos (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Escribimos na nosa lingua

9. Como se escribe? (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Escribimos na nosa lingua

10. Cal é a correcta? (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Escribimos na nosa lingua

11. Busca a media laranxa (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Como poden ser as palabras?

12. Cantas palabras ten? (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Como poden ser as palabras?

13. Mara dous paxaros dun tiro (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Como poden ser as palabras?

1. Retroalimentación

2. Retroalimentación

3. Retroalimentación

4. Retroalimentación

5. Retroalimentación

6. Retroalimentación

7. Retroalimentación

8. Retroalimentación

9. Retroalimentación

10. Retroalimentación

11. Retroalimentación

12. Retroalimentación

13. Retroalimentación

CA6.7 - Sistematizar a adquisición de vocabulario a través dos textos.

1. Verdadeiro ou falso? (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Como o estamos tratando >> Galego, lingua minoritaria)

2. Escolle a opción correcta (Sección 3 >> Que está pasando co galego? >> Como o estamos tratando >> Cada vez menos falada)

1. Retroalimentación

2. Retroalimentación

Feito con eXeLearning (Nova xanela)