Saltar navegación

Créditos e descarga

Logo do proxecto cREAgal. Accede ao espazo cREAgal. Abre en nova xanela

Título Guía didáctica do recurso "Entre ondas, seguimos mareas"
Descrición

Este recurso é a guía para que o profesorado coñeza as recomendacións de uso na aula do REA "Entre ondas, seguimos mareas", e a súa correspondencia co currículo da Lingua Galega e Literatura en Galicia

Este REA correspóndese coas unidades 2ª e 3ª da programación modelo de Proens de Lingua Galega e Literatura para 1º de ESO. Está pensado para desenvolverse durante 25 sesións no 1º trimestre do curso, aínda que ao ser un recurso aberto pode realizarse total ou parcialmente cando mellor lle conveña ao profesorado.

Contén diversas actividades para poder chegar aos retos finais. Nestas actividades terán que ir investigando e relacionando coñecementos previos.

Neste caso hai un dobre reto: un poemario despois de realizaren un obradoiro de poesía en cada unha das fases e un podcast sobre un país lusófono.

Compaxínase o traballo individual e grupal, así como o traballo dixital, oral e no caderno.

Os contidos desta situación de aprendizaxe parten da programación modelo Proens vixente no curso 2025-2026, baseada no DECRETO 156/2022, de 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obligatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.-

Persoas elaboradoras

María do Mar Hermida Pico

Laura Iglesias Rodríguez

Laura Montes García

Organización

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia.

Licenza Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0

Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.

Os elementos multimedia incluídos nesta guía didáctica son de elaboración propia no marco do proxecto cREAgal, con licenza CC BY-NC-SA. No caso de incluír algún recurso externo non elaborado por cREAgal, indícase no propio recurso a súa licenza específica.

Versión

 Versión Data de publicación
Notas sobre a versión
1.0 Xuño 2025 Primeira versión.
1.1 Febreiro 2026 Mellora do contido e corrección de erros. Versión desenvolvida polo equipo de persoas asesoras do proxecto cREAgal (Servizo de Innovación e Programas Educativos).

Aquí tes o ficheiro fonte para editar este REA

  • Segue estes pasos para usar/redistribuír/modificar este REA:

1. Descarga o ficheiro fonte. Con isto tes o recurso orixinal en formato de edición.

2. Modifícao usando eXeLearning.

3. Se aínda non o tes, descarga e instala o estilo cREAgal.

4. En caso de modificalo, tes que recoñecer a autoría e publicalo coa mesma licenza (CC BY-NC-SA).

Podes usar esta cita para facer referencia a cREAgal:

Este REA é unha adaptación do recurso orixinal "Guía didáctica do recurso Entre ondas, seguimos mareas"  do proxecto cREAgal da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia baixo a licenza de CC BY-NC-SA.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)