Criterios de avaliación e mínimos de consecución
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.1 - Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado, contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais. | O alumnado debe recoñecer nun mapamundi as principais familias lingüísticas e linguas do mundo e identificar algúns sistemas de escritura destas. | PE | UD 2 | 75 |
| CA2.1 - Valorar a forma e o contido de textos escritos, orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. | O alumnado sabe identificar, en textos escritos, orais ou multimodais, as características das secuencias textuais descritivas (estrutura, tipos...). | PE | UD 2 | |
| CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias. | O alumnado comprende o sentido global (información relevante, intencionalidade...) do libro de poemas de lectura obrigatoria. |
PE | UD 2 | |
| CA3.2 - Valorar a forma e o contido de textos sinxelos avaliando a súa calidade, fiabilidade e idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. | O alumnado valora o contido e algúns aspectos formais (temática, recursos...) do libro de poemas de lectura obrigatoria. | PE | UD 2 | |
| CA3.3 - Elixir e ler textos a partir de preseleccións guiándose polos propios gustos, intereses e necesidades e deixando constancia do propio itinerario lector e da experiencia da lectura. | O alumnado acode á biblioteca escolar con motivo da celebración do Día da Biblioteca, selecciona unha obra de acordo cos seus gustos ou preferecias de lectura e explica o motivo da súa escolla. | PE | UD 2 | |
| CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical. | O alumnado sabe soletrear os grafemas e os dígrafos do galego. Tamén sabe aplicar correctamente as regras de acentuación básicas. | PE | UD 2 | |
| CA2.2 - Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais. | O alumnado realiza, de acordo coas pautas da tipoloxía descritiva, unha descrición dun obxecto, unha paisaxe, un animal ou unha persoa. | TI | UD 2 | 25 |
| CA1.1 - Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado, contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais. | O alumnado presenta un traballo sobre a lusofonía e os países lusófonos que inclúe as características do sistema ortográfico do portugués e un breve glosario de expresións básicas da vida cotiá. | TI | UD 3 | 100 |
| CA2.2 - Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais. | O alumnado realiza unha exposición oral breve sobre algún tema concreto relacionado cos países lusófonos e identifica no seu borrador a estrutura e características lingüísticas do texto expositivo. | TI | UD 3 | |
| CA2.3 - Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística. | O alumnado participa activamente e seguindo as pautas da cortesía lingüística nas actividades de intercambio co centro luso: encontro virtual, presentación da súa vila, concurso de Mail Art. | TI | UD 3 | |
| CA2.5 - Planificar e redactar textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado. | O alumnado redacta un traballo de investigación ben organizado, empregando o rexistro adecuado, mantendo a coherencia e sen erros lingüísticos nin formais salientables (palabras, letras repetidas...). |
TI | UD 3 | |
| CA2.6 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira guiada procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura, adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual. |
O alumnado consulta e selecciona, coa axuda do profesorado, a información pertinente para desenvolver a súa exposición, sen copiala textualmente, respectando os dereitos de propiedade intelectual. | TI | UD 3 | |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||