Orientacións e recomendacións de uso
Recursos materiais necesarios
Para desenvolver o REA precisamos:
- recursos dixitais: ordenador/tablet, conexión a internet...
- físicos: caderno...
O REA dispón de:
- "Material descargable" para que o alumnado dispoña dos materiais nun só documento de consulta.
- "Diario de aprendizaxe" como ferramenta de reflexión individual e grupal.
Proposta de agrupamentos para actividades grupais
- Deben ser de 3 ou 4 membros (poderíase alterar este número segundo o aspecto que se queira reforzar en actitude, pero sempre é mellor grupos pequenos).
- Preferiblemente heteroxéneos.
- Os grupos deben ter interdependencia positiva e debe existir unha responsabilidade individual e grupal. O profesorado decidirá o papel que debe desempeñar cada un dos integrantes do grupo.
- No obradoiro de poesía cada un terá un poemario final que recolla os textos elaborados na FASE 1, 2 e 3.
- Cada grupo traballará sobre un país lusófono, dos que se recollen na FASE 3, para crear un podcast.
Produtos finais
- Un poemario que recompile os textos elaborados no obradoiro de poesía e que se especifica na FASE 4.
- Un podcast sobre un país lusófono que recolla todos os puntos especificados na FASE 4.
Enfoque multinivel do reto
O REA contempla actividades de multinivel para ter en conta a diversidade da aula.
O poemario e o podcast final seguirán unha estrutura ou outra segundo o nivel de traballo, o interese do alumnado e o gusto persoal.
Lusofonía
Como neste REA se traballa a Lusofonía é conveniente que o profesorado, seguindo as recomendacións de PROENS, seleccione fragmentos de diferentes autoras e autores do mundo lusófono para ler na aula e que o alumnado se familiarice dun xeito práctico coa súa literatura.
Avaliación
Os instrumentos de avaliación que presenta o REA son:
- Informe de progreso
- Rúbricas
- Lista de cotexo
- Observación directa